Mundo-RMundo-R

iPhone 14, ilumina as túas fotos

O salto de calidade que Apple pega no novo iPhone 14, superando ao anterior modelo iPhone 13, nótase especialmente na duración da batería, nas cámaras e no Chip A15 Bionic mellorado con 5 núcleos, fronte aos 4 do iPhone 13.

Das cámaras imos falar agora, pero, aínda que che pareza que son iguais que no 13: 12 + 12 MPX, a diferenza está nunha apertura maior da lente. Isto vaille a dar moita máis luz ás túas fotos. Ademais de que incorpora o modo Acción para os teus vídeos, entre outras cousas.

Vexámolas.

As cámaras do iPhone 14 que dan máis luz ás túas fotos

Como che diciamos, en aparencia o IPHONE 14 non cambiou as cámaras, pero non é así. Apple sempre se garda un as debaixo da manga.

Cámara principal 12 MPX: 26 mm e apertura f/1,5. Esta nova lente incorpora un sensor máis grande e deixa pasar un 49% máis de luz. Así que non importa se a escena está escura.

Cámara ultra grande angular 12 MPX: 13 mm, campo de visión de 120° e apertura f/2,4. Permíteche facer perspectivas e ampliar o plano.

Ademais: flash mellorado, modo Noite e modo Retrato con efecto bokeh.

Cámara frontal TrueDepth 12 MPX: apertura f/1,9 que capta un 38% máis de luz. Agora enfoca automaticamente a varias persoas nun selfie.

Gravación de vídeo estable e profesional co iPhone 14

Hai dous detalles do iPhone 14 que che permitirán facer vídeos como os dun profesional do cinema.

  • Modo Acción: isto é novo nos iPhone. O que fai é conseguir un resultado moi estable cando gravas a man, sen un trípode ou apoio.
  • Modo Cinema: esta función estreouna no iPhone 13 e non deixa de sorprender, porque os teus vídeos parecen realizados por un director. O enfoque cambia automaticamente para centrarse no prota de cada escena. Ademais, agora permite vídeos en calidade 4K a 2 f/s.
  • Outros detalles: cámara lenta, time-lapse mesmo de noite ou a posibilidade de facer fotos de 8MPX mentres gravas vídeo en 4K.

    Deseño do iPhone 14: máis pantalla e máis resistencia

    Dicir que o deseño de iPhone é unha icona parécenos unha obviedade, así que imos á chicha.

    Está feito de aluminio de calidade aeroespacial, cunha parte dianteira de Ceramic Shield máis dura que outros smartphones e unha parte traseira de vidro.

    Resiste tamén o po e a auga, ata 6 metros non máis de media hora.

    A pantalla de 6,1 polgadas é Super Retina XDR con tecnoloxía OLED para maior contraste e brillo e True Tone, que se adapta á luz do exterior para que non forces os ollos.

    Ah, e podes personalizar a pantalla de bloqueo ao teu gusto, que podes acender e apagar por recoñecemento facial Face IDE.

    Batería e rendemento do iPhone 14

    A batería de 3.279 mAh do iPhone 14 reproduce sen parar ata 20 horas de vídeo.

    En canto ao hardware, varias mencións: Chip A15 Bionic con GPU de 5 núcleos para máis velocidade no xogo, por exemplo; sistema operativo iOS 16, RAM de 6GB e memoria interna de 128GB.

    Último detalle que queremos contarche, porque é novidade no iPhone 14: a Detección de Accidentes. O teu iPhone detecta cambios na túa condución e recoñece as colisións para saber se tiveches un accidente. Automaticamente chamará ao 112 e aos teus contactos de emerxencia. Un plus de seguridade novo en Apple.

    Xa ves que ao iPhone 14 non lles falta detalle.

    págao a prazos con R

    teño dúbidas sobre
    ver todas