OPPO A40: resistencia, durabilidade e o mellor rendemento
Un paso adiante. Un paso na boa dirección. Esa é a máxima de OPPO co seu móbil A40. Terás resistencia, durabilidade e bo rendemento. Nunca che fallará e non temerás as caídas ou golpes que lle poidas dar ao teu smartphone.
Non é necesario tiralo por todas partes, pero o susto dunha caída fortuíta do teu móbil xa é do pasado. O OPPO A40 pasou esixentes probas de durabilidade, entre elas de resistencia aos golpes e ás caídas.
A súa resistencia tamén é aos líquidos, eses amigos tan molestos que sempre nos acompañan cando non os chamamos. Tanto dá que chova ou se derrame café ou calquera bebida. O OPPO A40 resiste a diferentes tipos de líquidos, polo que non sufrirá ningún dano funcional.
Carga ultrarrápida en minutos
O móbil sempre nos acompaña e non nos pode deixar tirados. OPPO sabe que os nosos smartphones son necesarios e non poden poñernos en apertos ao deixarnos tirados sen batería. E se se che acaba, non hai ningún problema. En minutos, non en horas, terás batería para longo. Do 0 % ao 50 % en só 30 minutos, con total seguridade.
O OPPO A40 utiliza tecnoloxía SUPERVOOC de 45 W cuxo resultado é non só a rapidez, senón a maior rapidez e seguridade.
E para que esas cargas duren o máximo posible no tempo, o OPPO A40 utiliza unha batería de 5100 mAh que non só é grande, senón tamén duradeira. Funciona polo menos ao 80 % da capacidade dunha nova despois de máis de catro de anos de uso.
Fluidez garantida durante 36 meses
OPPO creou un smartphone que segue o noso ritmo, sexa cal for. Coa función exclusiva de OPPO Trinity Engine mantén a fluidez e a estabilidade, mesmo baixo presión.
Este teléfono superou rigorosas probas de fluidez durante 36 meses en laboratorios OPPO, e mantense “como o primeiro día” mesmo despois de tres anos de uso continuo. Non terás que andar pensando en cambialo cada dous meses.