Mundo-RMundo-R

Oppo Reno13: aplicando a IA a fotos e vídeos

O Oppo Reno13 chega repleto de innovación e tecnoloxía avanzada, como a Intelixencia Artificial. Aplícaa, por exemplo, a fotos e a vídeos.

AI Livephoto chámase a solución que achega nitidez a paisaxes ou retratos; todo claro e relucente con AI Clarity Enhancer; incrible para capturar o movemento resulta AI Unblur; sen reflexos grazas a AI Reflection Remover. AI Reimage é a raíña da variedade de estilos e, se queres conseguir vídeos a partir de imaxes, utiliza AI Motion.

E cales son as cámaras do Oppo Reno13? Cámara traseira dual de 50 megapíxeles e un sensor ultra gran angular de 8 megapíxeles. Para selfies, cámara frontal de 50 megapíxeles. Por certo, é un terminal perfecto tamén para fotografías baixo a auga.

Para gardar as túas creacións, tes entre 256 GB, 512 GB e 1 TB á túa disposición, en función do modelo.

Con autonomía para un par de días

Lanzáchesche a facer fotos e vídeos e preocúpache quedar sen batería?

O Oppo Reno13 aguanta ata un par de días sen recargar. Conta cunha batería de 5600 mAh e carga rápida SUPERVOOCTM de 80 W.

Rendemento á altura

De bo rendemento tamén sabe o Oppo Reno13.

Incorpora o procesador MediaTek Dimensity 8350, con 12 GB ou 16 GB de RAM, e o seu sistema operativo é Android 15.

Máximo rendemento para navegar, wasapear ou xogar. Se es gamer, máis boas noticias para ti: AI HyperBoost consegue unha experiencia de xogo máis fluída.

Pantalla inmersiva

Se falamos de fluidez, mención especial para a pantalla inmersiva e intelixente AMOLED de 6.59 polgadas do Oppo Reno13.

Con resolución de 1256 x 2760 píxeles e taxa de refresco de 120 Hz, ve máis aló dos bordos; bordos que son case invisibles e que dan forma ao estilo vangardista do terminal.

Deseño ultrafino

Porque o Oppe Reno13 é un teléfono ultrafino, de bordos suaves e panel de vidro dunha soa peza.

Tan estiloso como duradeiro, con protección integral e certificación IP69 que garante especial resistencia ao po e á auga.

págao a prazos con R

teño dúbidas sobre
ver todas