moi sinxelo. Elixes o smartphone ou dispositivo que máis che interese, enviámoscho e, a partir de aí, na túa factura mensual de R iremos descontando a cota correspondente. Sen intereses e sen ningún gasto extra.
non. Enviámoscho de forma gratuíta. E onde ti nos digas. Adaptámonos a ti.
se o necesitas (ou te namoraches dese teléfono tan marabilloso que acaba de saír), podes coller outro terminal. E despois tes dúas opcións: ou pagar as dúas cotas coa túa factura mensual (a do novo e a do anterior durante os meses que che queden) ou, se o prefires, na túa factura de R liquidamos nun único pago as cotas pendentes do primeiro terminal. E o teu novo móbil pagaralo a prazos, sempre sen intereses nin cargos extra.
cremos que é fundamental pensar nos nosos clientes. Por esa razón o pago a prazos de terminais é exclusivo de clientes de R con liña móbil. Se non es cliente, pásache R e ti tamén poderás levar un smartphone, unha tablet ou un televisor por moi pouco ao mes.
nós ofrecémoscho a prazos porque cremos que é o mais vantaxoso para ti, xa que, como che dixemos, non ten intereses nin gastos extras. Pero se queres pagalo nunha única cota, tamén podes facelo. E lembra que, se o pagas a prazos, en calquera momento podes pedirnos que che liquidemos o que che queda por pagar.