

Samsung Galaxy A53 5G: se buscas moita autonomía e boa cámara
Que buscas nun móbil? Pois depende, como responderiamos aquí. Pero, por experiencia, sabemos que a batería e a cámara son as dúas características que decantan a balanza. E o Samsung Galaxy A53 5G faino moi ben en autonomía e fotos melloradas con IA.
Pero non son os dous únicos puntazos. Hai máis.
Samsung Galaxy A53 5G, batería que dura dous días
Samsung dálle moita importancia á batería no Galaxy A53. De feito, está engadida nun marco mate e máis fino.
Os seus 5.000 mAh danche para moitas horas de WhatsApp falando do tempo, para ver vídeos... a cana que lle queiras dar, porque a batería dúrache dous días.
Ten, ademais, un modo de aforro enerxético adaptativo para que che renda máis.
Se es dos que bota partidas no móbil, a batería tamén está optimizada con Game Booster, que aproveita os teus patróns de uso para mellorar temperatura e memoria.
Unha cámara que remasteriza as túas fotos
Non fai falta que che aprendas o nome AI Image Enhancer, queda coa idea de que remasteriza as túas fotos con Intelixencia Artificial automaticamente. Así ti non tes que editala ti para que quede perfecta.
E a esa perfección axuda o estabilizador óptico de imaxe OIS, que para facer vídeos conseguirás fluidez e moito detalle aínda con pouca luz.
Estas son as lentes traseiras, colocadas cun deseño moi chulo:
Cámara principal 64 MPX.
Cámara ultra gran angular 12 MPX.
Cámara de profundidade 5 MPX.
Cámara macro 5 MPX.
A cámara frontal dáche 32 MPX para selfis con efecto bokeh.
E para almacenalas e telas sempre a man no móbil, contas cunha memoria interna de 128GB, que podes ampliar ata 1TB cunha tarxeta microSD.
Pantalla que resiste á auga e potente procesador
Por fóra, como é o Samsung Galaxy A53? Deseño sinxelo para un móbil que resiste á auga e ten confort visual.
A pantalla FHD+ de 6,5 polgadas é Super AMOLED, para que ver series coma unha bala, e leva integrado o sensor de pegadas para que o desbloquees facilmente.
E por dentro? Potente en rendemento para que fagas moitas tarefas á vez con rapidez. Ten 6GB de RAM, unha RAM virtual extra e sistema operativo Android 12. Ademais, é 5G.