Mundo-R

Fotografías perfectas con tecnoloxía Photo Remaster e batería extralarga co Samsung Galaxy A54

O novo Samsung Galaxy A54 é, sen lugar a dúbida, o smartphone ideal para acompañarche en calquera situación. E sóbranlle razóns para iso.

Co novo dispositivo de Samsung poderás sacar fotos incribles, nunca máis te terás que preocupar pola duración da batería e poderás gravar vídeos estables incluso cando estás en movemento. Vantaxes que o Galaxy A54 che dá no teu día a día.

Nightography Awesome

Se es dos que non paras de sacar fotos todo o día, co Galaxy A54 poderás facelas case sen pensar. É capaz de capturar fotografías vívidas co seu sensor de imaxe avanzado. Para as túas noites máis tolas, non hai problema, na escuridade a cámara ponse automaticamente en modo noite.

Os teus selfis estarán a outro nivel coa cámara frontal de 32MP que farán que saques fotos en alta resolución con cores vibrantes e un enfoque nítido.

Tecnoloxía Photo Remaster

O novo Samsung Galaxy A54 permitirache, coa súa tecnoloxía Photo Remaster, perfeccionar as túas capturas, reducindo o ruído e o movemento na imaxe á vez que aumenta a súa resolución mediante unha potente e intuitiva ferramenta impulsada por IA.

Potencia e velocidade sen límites

Sen lugar a dúbida, o Galaxy A54 fará que descubras a máxima velocidade xa que o seu potencial en 5G con redes ultrarrápidas rompen calquera límite e permítenche facelo todo.

O seu novo procesador octa-core abre un mundo de posibilidades grazas á súa capacidade e rendemento mellorados. Ademais, todo isto vai acompañado con 128 GB/256 GB de almacenamento interno e opción a engadir unha tarxeta microSD de ata 1 TB. Dispoñerás de espazo dabondo para os teus momentos soñados.

Esquece as actualizacións

Para que non teñas máis dúbidas sobre a súa capacidade de facilitarche a vida, o Samsung Galaxy A54 encárgase de todo. El mesmo realiza as actualizacións do sistema operativo e do mantemento de seguridade.

Samsung asegúrache 4 xeracións de actualizacións de sistema operativo e un mantemento de seguridade de 5 anos. Así, a túa experiencia con Galaxy A54 só mellora co tempo.

págao a prazos con R

teño dúbidas sobre
ver todas