Mundo-RMundo-R

Samsung Galaxy S25 Ultra 5G: IA de última xeración para o teu día a día

O Samsung Galaxy S25 Ultra 5G integra unha potente intelixencia artificial de última xeración que permite xestionar o teu día a día con simples ordes de voz ou xestos. Con só premeres o botón lateral, accedes de inmediato a Google Gemini ou á función de procura Circle to Search.

Deseño de vangarda

Canto á súa estética, o seu impecable acabado, a súa estrutura de titanio ultrarresistente e o característico S Pen integrado amosan un dispositivo tan elegante coma sólido.

A potencia do procesador Snapdragon® 8 Elite Mobile Platform

O Samsung Galaxy S25 Ultra 5G é un terminal sobresaínte por fóra... e por dentro.

No seu interior, o procesador Snapdragon® 8 Elite Mobile Platform, personalizado para Galaxy, garante rendemento e fluidez.

Máis autonomía, máis almacenamento

Por outra banda, con ata 1 TB de capacidade de almacenamento e 12 GB de memoria, terás espazo abondo para documentos, fotos ou aplicacións.

E tamén contarás con máis de 30 horas de autonomía sen ter que recargar a batería.

Fotos e vídeos imposibles

No apartado fotográfico, o Galaxy S25 Ultra 5G dispón de cámara principal de 200 MP, un ultra grande angular de 50 MP e dous teleobxectivos (50 MP e 10 MP). Completa o conxunto a cámara frontal de 12 MP.

As súas funcionalidades inclúen filtros personalizados, a avanzada tecnoloxía ProVisual Engine e a posibilidade de capturar ata o máis mínimo detalle con Space Zoom.

E se es máis de vídeo, gozarás de HDR de 10 bits, redución avanzada de ruído e ferramentas como Expert RAW ou Log Vídeo, ideais para levar a gravación móbil a un novo nivel.

Unha interface pensada para ti

Máis prestacións e máis facilidades.

A interface One UI 7 fai da navegación e a personalización unha experiencia fluída e intuitiva, con acceso directo a alertas ou música grazas a Now Bar, notificacións en directo e máis.

Seguridade en primeiro plano

E todo iso con seguridade reforzada grazas a Knox Vault. Unha tecnoloxía que protexe os teus arquivos e credenciais fronte a calquera ameaza non desexada.

págao a prazos con R

teño dúbidas sobre
ver todas