Mundo-RMundo-R

Honor X6 chega ao mercado ofrecendo grande autonomía de batería e tripla cámara de 50 MP

A marca Honor presenta un novo modelo da súa liña, esta vez o X6, cunhas prestacións inmellorables. No seu camiño por dar a mellor calidade polo prezo máis competitivo a Honor X6 non ten nada que envexar en canto a calidade a outros terminais do mercado.



Grande autonomía da súa batería de 5000 mAh

A batería de alta capacidade do novo Honor X6 proporciona enerxía dabondo para que teñas carga para todo o día. Sabemos que o noso móbil é unha ferramenta máis do noso día a día e con este novo terminal non che fallará.

Os problemas de batería xa son cousas do pasado. Poderemos gozar co novo Honor X6 de 17 horas de reprodución de vídeo en liña ou 31 horas de reprodución de música seguidas sen problema algún.



Cámara triple de 50 MP

E con toda esa batería que nos ofrece a Honor X6 poderemos facer tamén nosas mellores fotografías e vídeos. Porque nos ofrece ademais unha tripla cámara de 50 MP.

Con este sistema triplo, a Honor X6 captura, tanto os pequenos detalles, como os mellores momentos do teu día cunha cámara principal de 50 MP, unha cámara de profundidade e unha cámara macro.



128 GB de almacenamento

E con batería e todas as fotos e vídeos que podemos sacarnos, a nova Honor X6 non podería esquecerse do espazo. Ofrécenos un almacenamento de 128 GB, co que poderemos descargar e almacenar todo o noso contido favorito en calquera momento.

Ademais, o novo terminal admite ampliación con tarxeta microSD de ata 1 TB, sen esquecernos de que o seu procesador de oito núcleos ofrece un rendemento sen límites e un cambio entre aplicacións sen interrupcións.

págao a prazos con R

teño dúbidas sobre
ver todas