Mundo-RMundo-R

Batería intelixente e máis velocidade de uso coa IA do novo Samsung Galaxy S24

Samsung dános a benvida ao uso diario da Intelixencia Artificial ao alcance da túa man. O seu novo Galaxy S24 dará renda solta á túa creatividade e á túa produtividade a un nivel nunca visto e desde o teu dispositivo máis próximo: o teu smartphone.

Batería que non se acaba en todo o día

O novo Samsung Galaxy S24 trae todas as melloras que poderías esperar nun smartphone. Más pantalla, máis batería e máis potencia de procesamento.

Nunca lle faltará a enerxía á túa Galaxy S24. Un total de 4.000 mAh de batería cunha carga rápida máxima de 25 W, carga inalámbrica ata 15 W e carga inalámbrica reversible de ata 5 W.

A batería intelixente do novo Galaxy S24 ofrece maior tempo de reprodución para que poidas ver, por exemplo, as túas series favoritas. Ata 29 horas de vídeos ou 78 horas de música sen descanso.

Novas funcións con IA

A IA que complementa o novo Galaxy S24 facilitarache o día a día. Poderás buscar información como nunca con Circle to Search. Só terás que rodear un obxecto para ver os resultados da procura de Google, unha maneira nova e máis visual de atopar o que buscas.

Outra das súas propostas é a tecnoloxía Live Translate, coa que poderás comunicarche facilmente. Terás traducións rápidas para as túas chamadas telefónicas. Non é maxia, é a IA. E tamén funciona con mensaxes.

Poderás personalizar o teu móbil ademais cos widgets para a pantalla de bloqueo e a pantalla Always On e poderás ver recordatorios importantes, a calidade do aire ou a información que necesites dunha ollada.

Sistema de cámaras de última xeración

O novo sistema de cámaras do Galaxy S24 non che deixará indiferente. Poderás converter o teu móbil nunha fonte inesgotables de boas imaxes. Farás fotos luminosas, coloridas e claras grazas á AI ISP. Non se resistirá ningún tipo de imaxes.

O sistema de cámaras do Galaxy S24 inclúe unha cámara principal con sensor de 50 megapíxeles, tamaño de 1,0 µm para cada píxel, enfoque PDAF Dual Pixel e estabilización óptica OIS. A ultra grande angular vén con sensor de 12 megapíxeles, tamaño de 1,4 µm para cada píxel, amplitude de 120º e distancia focal equivalente a 13 mm.

O Galaxy S24 tamén ten un teleobxectivo de 10 megapíxeles con enfoque PDAF, estabilización óptica OIS, zoom óptico 3x e zoom híbrido ata 30x. E unha cuarta cámara, a fontal, de 12 megapíxeles, enfoque PDAF Dual Pixel e distancia focal equivalente a 26 mm.

págao a prazos con R

teño dúbidas sobre
ver todas