coñece máis sobre o dispositivo


Xiaomi Redmi Note 11 Pro 5G, cando a imaxe é puro detalle
Se sumas unha cámara frontal de 16 MPX, unha súpercámara principal de 108 MPX, unha ultra grande angular de 8 MP e unha macro de 2 MP, convérteste nun xenio das fotos e dos vídeos, día e noite.
E necesitarás gardar os teus retratos e imaxes inesquecibles. O Xiaomi Redmi Note 11 pensa en todo e ten ata 8GB de RAM e 128GB de almacenamento, que podes ampliar ata 1 TB.
Feitas as fotos, quedámonos sen batería? Difícil, porque a súa batería de 5000 mAh é moi duradeira e, ademais, conta cun cargador de 67W. En só 15 minutos consegue unha carga superior ao 50% grazas á tecnoloxía LiquidCool, que acelera o proceso usando un sistema a base de evaporadores, condensadores e cámaras de recarga.
O Xiaomi Redmi Note 11 Pro 5G é pura tecnoloxía de vangarda da man do procesador Snapdragon 695. Potencia e rapidez á que se suma o 5G. Mergúllache na nova era das descargas extrarrápidas.
Tamén che ofrece a mellor calidade de son grazas aos seus altofalantes duais e conta con sensores de proximidade e luz ambiental.
Un bo lote de solucións para mellorar a experiencia do usuario. Mención especial merece a pantalla de 120 Hz cunha actualización superior, máis fluída e rápida.
É unha gran pantalla AMOLED FHD+ de 6,67" que destaca pola súa nitidez e cores vivos. Non poderás deixar de mirala.
O lector de pegadas está integrado no seu lateral e fúndese nun terminal de bordos planos fácil de suxeitar. Porque o Xiaomi Redmi Note 11 combina elegancia e robustez.
págao a prazos con R
como funciona o pagamento a prazos de R?
moi sinxelo. Elixes o smartphone ou dispositivo que máis che interese, enviámoscho e, a partir de aí, na túa factura mensual de R iremos descontando a cota correspondente. Sen intereses e sen ningún gasto extra.
ten custo o envío do terminal?
non. Enviámoscho de forma gratuíta. E onde ti nos digas. Adaptámonos a ti.
Máis información sobre o pago en prazos
que pasa se estou a pagar un terminal a prazos e quero collerme outro antesde que transcorresen 24 meses?
se o necesitas (ou te namoraches dese teléfono tan marabilloso que acaba de saír), podes coller outro terminal. E despois tes dúas opcións: ou pagar as dúas cotas coa túa factura mensual (a do novo e a do anterior durante os meses que che queden) ou, se o prefires, na túa factura de R liquidamos nun único pago as cotas pendentes do primeiro terminal. E o teu novo móbil pagaralo a prazos, sempre sen intereses nin cargos extra.
por que é necesario ser cliente para poder ter un terminal a prazos en R?
cremos que é fundamental pensar nos nosos clientes. Por esa razón o pago a prazos de terminais é exclusivo de clientes de R con liña móbil. Se non es cliente, pásache R e ti tamén poderás levar un smartphone, unha tablet ou un televisor por moi pouco ao mes.
sempre teño que pagalo a prazos? Non podo compralo nun único pago?
nós ofrecémoscho a prazos porque cremos que é o mais vantaxoso para ti, xa que, como che dixemos, non ten intereses nin gastos extras. Pero se queres pagalo nunha única cota, tamén podes facelo. E lembra que, se o pagas a prazos, en calquera momento podes pedirnos que che liquidemos o que che queda por pagar.