chámanos

ES

GL

Particulares

Autónomos e Empresas


Grandes Empresas

Particulares

Internet Compromiso: Bono Social Internet

Goza dunha conexión de fibra coas mellores prestacións e un prezo reducido a longo prazo.

Image-Download-Castellano

que é Internet compromiso de R?

Vector (36)

se tes menos recursos

porque ninguén debería quedar excluído, R e a Xunta de Galicia comprometémonos con aquelas familias que contan con menos recursos para que teñan internet cun prezo máis baixo.
Vector (37)

prezos definitivos

desde R, aínda que o bono dixital da internet teña unha duración de 12 meses, continuarémosche ofrecendo o servizo con internet ao mesmo prezo. Un compromiso contigo, para que non te quedes sen Internet.
Vector (38)

o mellor servizo de internet

o servizo inclúe a instalación de fibra óptica na túa casa e unha conexión de fibra con 500 megas simétricos. Ademais, gozarás dun router con wifi 6, para ter a mellor cobertura wifi na túa vivenda.

que teño que facer para desfrutar en R de Internet Compromiso e do Bono Social da internet?

son un axente social (ONG)

ninguén mellor ca ti para coñecer de primeira man as necesidades e a axuda que se lle pode prestar ás familias coas que traballades. Pola nosa banda, dende R, creamos a iniciativa de Internet Compromiso para botar unha man a aqueles máis vulnerables e que necesitan estar conectados.

son un particular

en R creamos este servizo, co que ofrecemos unha conexión de fibra, cun internet de calidade, velocidade simétrica e wifi con 4 veces máis cobertura accesible ás familias e colectivos que necesitan banda ancha a un prezo reducido. Se es cliente de internet de R, tes toda a información máis abaixo. Se non es cliente de internet, clica no botón.

son cliente de R. Como podo contratar Internet Compromiso?

no caso de que sexas cliente de internet de R, chama ao a 1449. Desde alí axudarémoste a contratar o servizo. Para a tramitación de Internet compromiso, é preciso que leves a documentación conforme recibes o Ingreso Mínimo Vital ou ben a Renda de inclusión social de Galicia (RISGA).

se tes dúbidas, podes chamarnos ao 1449.

Foto

preguntas frecuentes sobre internet compromiso de R e o bono social en Galicia

ambos os dous son servizos complementarios. Só que o Bono Dixital da Xunta é unha axuda que se ofrece durante 12 meses para o acceso a unha conexión de banda ancha das persoas con menos recursos. Unha vez que finalice esa axuda, en R non che imos a cobrar máis pola conexión. Ofrecémosche Internet Compromiso, convertendo así en definitivo o desconto que ofrece a Xunta do Bono Dixital. Trátase de apoiar e axudar aos que necesitan internet pero as súas circunstancias non lles permiten acceder a ese servizo.
é unha axuda que pemite a aquelas persoas ou familias vulnerables gozar dunha conexión da internet cun desconto de ata 20 euros na factura durante un período de ata 12 meses, cun máximo de 240 euros. Podes atopar máis información e solicitalo a través da sede electrónica da Xunta.
para solicitar a axuda na túa conexión da internet que ofrece a Xunta de Galicia debes entrar en sede.xunta.gal.
calquera persoa pode solicitar o Bono Dixital ou Bono Social para gozar da internet cun desconto. Só hai que cumprir cos requisitos establecidos pola Xunta de Galicia. A partir de aí, unha vez que che concedan o bono dixital, pódeste dar de alta en R. Pola nosa banda, unha vez finalizada a axuda durante 12 meses da Xunta, converteremos ese desconto en indefinido. É dicir, pasaremos a ofrecerche Internet Compromiso, con 500 megas, pagando exactamente o mesmo que coa axuda: 14€/mes (IVE incluído).
si, poderás seguir gozando dos meses que che quedan do Bono Dixital en R.
en R pasarás a desfrutar de Internet Compromiso, onde che mantemos o desconto de 20€ que che daba a Xunta. É dicir, o prezo de 14€ é indefinido.
Internet Compromiso é unha iniciativa de R para ofrecer unha conexión de banda ancha de fibra cunha velocidade de 500 Mb, 600 Mb ou 1 Gb de velocidade a un prezo reducido. En concreto, se cumpres os requisitos do Bono Dixital, descontámosche 20 € de forma indefinida cada mes, para que poidas gozar dun Internet de calidade.
para calquera persoa ou familia beneficiaria do Bono Dixital de Internet que ofrece a Xunta Galicia, ou ben que reciban o Ingreso Mínimo Vital ou a Renda de inclusión social de Galicia (RISGA).
si. Sobre a conexión de 500 megas de fibra de Internet Compromiso podes solicitar outros servizos que necesites, como unha liña móbil ou ben a televisión.
calquera instalación de fibra custa 150€. Con todo, a instalación é gratuíta se tes o servizo de Internet Compromiso durante 12 meses en R. É dicir, nese caso non habería que pagar a instalación (o custo do técnico, o material, a fibra...).
non, o Bono Dixital só está dispoñible para novos clientes de Internet. Non obstante, podes acceder a Internet Compromiso e obter o desconto de 20€ de maneira indefinida, sempre e cando cumpras as condicións. No caso de que sexas cliente de só móbil, se podes acceder ao descuento de 20€ do Bono Dixital.

queres contratar?

asesorámoste gratis

de luns a venres de 9 a 21h e sábados de 9 a 14h.

chámanos al

900 825 868

chamámoste

c2c.popup.callTitle2

En R imos tratar os teus datos para informarche dos nosos servizos, en relación con esta solicitude ou no futuro, ata que nos retires o teu consentimento. Podes exercitar os teus dereitos con docu@mundo-r.net.
Máis info
aquí.
se xa es cliente,
chámanos ao
1449
operator

queres contratar?

asesorámoste GRATIS

operator

queres contratar?

asesorámoste  GRATIS