chámanos

ES

GL

Particulares

Autónomos e Empresas


Grandes Empresas

Particulares

configurar o APN nun móbil de R

explicámosche como configurar o APN do teu móbil de Euskaltel/R para que poidas navegar por Internet

que tipo de dispositivo tes?

Android

  1. activar datos móbiles

antes de comezar, lembra ter os datos móbiles e a itinerancia de datos activos no teu móbil e comproba que non esteas conectado a unha rede wifi. Se non o atopas, podes usar o buscador do teu móbil.

  1. configurar o teu punto de acceso

introduce no buscador do teu móbil Android “APN” ou “Nome de punto de acceso” para accederes á sección na que debes introducir os seguintes datos:
Nombre: internet r
APN: internet.mundo-r.com
MMC: 214
MNC: 04
Tipo de autenticación: pap ó chap
con isto xa ficaría configurado o teu punto de acceso a Internet.

se non atopas a ruta

indicámosche as rutas para as versións Android máis habituais. Se segues sen atopalo, proba a usar o buscador da configuración do teu teléfono ou comproba a guía de uso do teu dispositivo.
Xiaomi (MIUI)
Ajustes > Tarjetas SIM y redes móviles > Ajustes de la tarjeta SIM [R] > Nombres de Puntos de Acceso > APN > Nuevo APN [+]
Sony
Ajustes > Más… > Redes de celulares > Puntos de acceso > Icono menú > APN nuevo
Samsung
Ajustes > Conexiones > Redes Móviles > Nombres de los puntos de acceso > Añadir
Huawei
Ajustes > Más > Redes móviles > Nombres puntos de acceso (APN) [de tu tarjeta SIM R] > Icono menú > APN nuevo
Android One / Android Puro
Ajustes > Redes e Internet > Red móvil > Ajustes Avanzados > APNs > [+]
LG
Ajustes > Red > Redes móviles > APN > Icono menú > APN nuevo

IPhone o IPad

  1. activar datos móbiles

antes de comezar, lembra ter os datos móbiles activos no teu móbil e comproba que non esteas conectado a unha rede WIFI.

  1. configurar o teu punto de acceso

entra en Ajustes > ahí, accede a Datos Móviles > e selecciona Red de Datos Móviles.
completa o Punto de Acceso da sección DATOS MÓVILES coa palabra "internet" (en minúsculas) e deixa o resto de campos baleiros.

se actualizas iOS

se acabas de actualizar iOS e non te dás conectado a Internet, comproba a configuración do APN seguindo estes mesmos pasos. Cando Apple activa unha nova versión do seu sistema operativo pode borrarse a configuración manual do punto de acceso.

información adicional

para navegares á máxima velocidade recomendámosche que o modo 'aforro de batería' (só redes 2G/3G) estea desactivado e que o terminal estea rexistrado en modo LTE (4G/5G).

compartir desde o móbil

se precisas compartir Internet desde o móbil con outro dispositivo (tamén chamado tethering), terás que seguir as indicacións do paso 2 e completar o Punto de Acceso da sección PUNTO DE ACCESO PERSONAL coa palabra "internet" (en minúsculas) e deixar o resto de campos baleiros.
despois de rematares este proceso: Entra en Ajustes > aí, accede a Punto de acceso personal. Neste apartado poderás compartir Internet e introducir un contrasinal para que só quen ti queiras poida acceder á rede que xera o teu móbil.

queres contratar?

asesorámoste gratis

de luns a venres de 9 a 21h e sábados de 9 a 14h.

chámanos al

900 825 868

chamámoste

c2c.popup.callTitle2

En R imos tratar os teus datos para informarche dos nosos servizos, en relación con esta solicitude ou no futuro, ata que nos retires o teu consentimento. Podes exercitar os teus dereitos con docu@mundo-r.net.
Máis info
aquí.
se xa es cliente,
chámanos ao
1449
operator

queres contratar?

asesorámoste GRATIS

operator

queres contratar?

asesorámoste  GRATIS