Mundo-RMundo-R

moto g34: pantalla máis ancha que non perde fluidez

Non pasa desapercibida a pantalla do moto g34. Polos seus 6,5", a súa calidade e a súa velocidade de actualización de 120 Hz.

Potencia e rendemento a outro nivel

Á súa potencia e rendemento contribúen o sistema operativo Android 14 e o procesador Snapdragon 695 5G de oito núcleos do moto g34.

Engádelle unha memoria LPDDR4X e tes un terminal súper eficiente capaz de seguir o teu ritmo.

Batería duradeira

Incluso a batería aguanta máis e máis.

É de 5000 mAh e recárgase rapidamente coa carga TurboPower.

Unha durabilidade que non está rifada coa boa imaxe.

Elegancia sobre coiro vegano

O moto g34 conta cun deseño elegante no que destaca o acabado mate ou de coiro vegano extrasuave do seu parte de atrás.

Púxose a chover? Os materiais repelentes á auga protexen fronte a choiva ou salpicaduras.

Son profesional de alta resolución

Se te preguntas que tal soará o moto g34, a resposta é que soa alto e claro ao volume que ti elixas.

Incorpora son multidimensional Dolby Atmos e altofalantes estéreo de grandes dimensións.

O resultado é un audio avanzado que reproduce son profesional de alta resolución.

Detalles que marcan a diferenza

Hai outros detalles que dan un plus diferente ao moto g34. O máis sorprendente é a posibilidade de conectalo, de forma inalámbrica, a un monitor externo. Unha forma moi práctica de "levar" o teu móbil a outro soporte.

Os teus mellores selfies e fotos nocturnas

O moto g34 conta cun potente sistema de cámaras que se saen nas fotos nocturnas.

Dos detalles ocúpase a cámara de 50 MP con tecnoloxía Quad Pixel.

De conseguir bos selfies, a cámara dianteira de 16 MP.

Non che faltarán nitidez nin realismo. E, por se todo isto fose pouco, engade funcións como filtro en directo, zoom de audio...

Gran capacidade de almacenamento

Para gardar as túas fotos e arquivos, 128 GB de almacenamento de serie que se converten en 1 TB con tarxeta microSD.

E unha memoria RAM de 4 GB que pode ampliarse a 8 GB.

págao a prazos con R

teño dúbidas sobre
ver todas