Mundo-RMundo-R

Oppo Reno 12 5G, o teléfono máis intelixente

A IA posta ao servizo da telefonía móbil para ofrecerche funcións únicas en fotografía ou conectividade. Así é o Oppo Reno 12 5G, descubre todos os detalles a continuación.

Fotografía IA

O Oppo Reno 12 5G leva a fotografía a outro nivel, grazas á Intelixencia Artificial. Isto é o que che permite facer:

• Eliminar e borrar xente ou obxectos que non queiras na túa foto.

• Aumentar a nitidez, detalle e textura dos rostros en fotos de grupo.

• Corrixir os ollos pechados ou parpadeo das túas instantáneas.

• Crear imaxes para redes, cortando persoas e engadindo stickers...

• Modificar unha imaxe para cambiar o pelo, o fondo...

E estas son as características do seu triplo cámara para fotografías profesionais:

• Cámara principal: 50 MPX, apertura f/1.8, estabilización óptica de imaxe e enfoque automático.

• Cámara grande angular: 8 MPX e apertura f/2.2.

• Cámara macro: 2 MPX e apertura f/2.4.

• A cámara frontal é de 32 MPX e enfoque automático.

E para facer clips, o Oppo Reno 12 5G permíteche gravar vídeos ultranítidos en 4K.

A memoria de almacenamento é de 256GB.

Pantalla resistente de 6,7"

Goza dos teus contidos nunha pantalla curva de 6,7" sen apenas bordos, cunha alta resolución FHD+, frecuencia de refresco de 120 Hz e protección da vista.

O Oppo Reno 12 incorpora o cristal Corning Gorilla Glass de gran resistencia e tamén está deseñado para aguantar caídas, a auga ou o po.

E non pesa nada, ao redor de 177 gramos, grazas ao seu fino deseño de tan só 7,57 milímetros.

Batería de longa duración

Oppo conseguiu a mellor autonomía da gama Reno, grazas a súa batería de 5000 mAh e a súa carga rápida de 80 W, que con tan só 10 minutos de carga che deixa ver ata 6 horas de vídeo.

E en canto a rendemento, conseguirás gran potencia e fluidez grazas ao seu procesador de 4 nm, 12GB de RAM e sistema operativo Android 14 (ColorOS 14.1).

Ademais, Oppo mellora a conectividade coa IA, que tamén permite que chames aínda que non teñas cobertura ou minimiza o ruído para que se oia perfectamente a túa voz.

págao a prazos con R

teño dúbidas sobre
ver todas