Mundo-RMundo-R

Xiaomi 15: vive unha experiencia visual

inmersiva e elegante

A súa calidade de brillo, as súas 6,36 polgadas de tamaño e a súa resolución de 2670 x 1200 píxeles permiten á pantalla do Xiaomi 15 ofrecer unha experiencia visual inmersiva e elegante que te enfeitizará.

O seu consumo de enerxía é ultrabaixo e o seu uso aínda máis doado co novo desbloqueo de pegada dixital ultrasónico.

E se cae? Xiaomi Shield Glass ofrece unha resistencia extra aos golpes.

En definitiva, unha pantalla á altura dun smartphone prémium que coida tanto o rendemento como a estética.

Multitarefa e potente

Da potencia encárgase o procesador Snapdragon 8 Elite Mobile Platform.

E, ademais, conségueo podendo presumir, á súa vez, de eficiencia enerxética.

Autónomo e duradeiro

Se falamos de eficiencia, fixámonos na súa batería Xiaomi Surge de 5240 mAh. Ata 25 horas reproducindo vídeos sen esgotarse.

Unha autonomía á que se suma a durabilidade, xa que trae un chip de xestión intelixente que prolonga a súa vida útil. E esta non é a súa única opción "intelixente".

Solucións intelixentes para o teu día a día

O Xiaomi 15 incorpora asistentes baseados na IA. Xa verás como che facilitan a vida AI Writing, AI Interpreter, AI Image Enhancement, Gemini de Google ou a opción "Rodea para buscar".

Vídeos de calidade profesional

Co teu Xiaomi 15, converteraste no novo rei da videografía.

O Xiaomi 15 permite a gravación en Dolby Vision dende calquera ángulo, cunha cámara principal equipada con 4 micrófonos para ofrecer unha experiencia de gravación de vídeo profesional.

Agora contámosche máis das súas cámaras.

Cámaras todo terreo e intelixentes

Para as túas fotos, sistema de tripla cámara Leica: cámara principal de 50 MP con sensor de imaxe personalizado Light Fusion 900; teleobxectivo flotante de 50 MP; ultra grande angular de 50 MP...

Un luxo fotográfico mellorado aínda máis por un software de fotografía computacional con AI.

Elegante e resistente

E todas estas capacidades combínanse nun teléfono de estilo sofisticado con marco de aluminio microcurvado e biseles ultrafinos que se adapta á túa man coma unha luva.

págao a prazos con R

teño dúbidas sobre
ver todas