Mundo-RMundo-R

OPPO A5 Pro 5G: pantalla ultrabillante sempre accesible

O OPPO A5 Pro 5G conta cunha pantalla LCD de 6,67 polgadas con frecuencia de actualización de 120 Hz que ofrece unha experiencia fluída en navegación e uso diario. Ademais, grazas a un brillo máximo de ata 1000 nits, a súa visibilidade ao aire libre é excelente.

E poderás utilizala en situacións difíciles, mesmo se levas luvas. Logro do sistema multitáctil Glove Touch.

Potencia e capacidade á altura

En canto ao rendemento, o OPPO A5 Pro 5G está impulsado polo procesador MediaTek Dimensity 6300, que permite unha xestión eficiente do consumo enerxético sen sacrificar potencia.

Ademais, os seus 12 GB de RAM e 256 GB de almacenamento interno son extensibles mediante tarxeta microSD, o que garante espazo suficiente para aplicacións, fotos e arquivos.

O seu sistema operativo é Android 15 e que inclúe funcións avanzadas de optimización do rendemento como Trinity Engine.

E mención especial para funcións exclusivas como AI LinkBoost 2.0, que mellora a recepción de sinal en contornas complicadas.

Autonomía do OPPO A5 Pro 5G

Tampouco defrauda a batería. De 5.800 mAh, promete autonomía para todo un día, mesmo cun uso intensivo.

Ademais, é compatible con carga rápida SUPERVOOC de 45 W.

As túas fotos, nítidas e naturais

No apartado fotográfico, o A5 Pro 5G monta unha cámara principal de 50 MP con Intelixencia Artificial, acompañada por un sensor de profundidade.

A cámara frontal de 8 MP está pensada para selfies e videochamadas.

Vídeos listos nun instante

Se queres un vídeo, múltiples opcións. Tes Livephoto para pequenos clips animados ou Dual-View para gravar á vez con cámara traseira e dianteira.

Uns e outros soarán sempre perfectos grazas aos altofalantes estéreo de gran volume.

Durabilidade certificada

Deixamos para o final uns dos maiores atractivos do OPPO A5 Pro 5G: a súa robustez certificada.

Conta con protección IP69, IP68 e IP66, o que implica que está deseñado para resistir o po, a auga e mesmo inmersións. A isto súmase a súa certificación MIL-STD-810H, que garante resistencia a caídas, golpes e condicións extremas.

págao a prazos con R

teño dúbidas sobre
ver todas