Para activar o teu servizo de ciberseguridade de forma gratuíta accede á túa área cliente.
Ciberseguridade pemes R
A dixitalización e a adopción de novas tecnoloxías supón un avance importante, mais tamén unha ameaza para as empresas. O teu negocio precisa un soporte técnico experto e ferramentas que garantan a seguridade fronte a estas ameazas. Ciberseguridade Pemes ofréceche todo o necesario para protexer a información e os dispositivos da túa empresa.
Protexemos a contorna dixital do teu negocio de posibles ameazas
Aproveita as vantaxes do experto dixital R
Se tes calquera servizo de internet empresa contratado con R ofrecémosche de xeito gratuíto un soporte experto con atención prioritaria para que a túa empresa, sexa do tamaño que sexa, estea sempre protexida dos ciberataques e do roubo de datos esenciais garantindo unha solución en tempo real a calquera problema de ciberseguridade.
Análise de vulnerabilidades de rede e web
Chequeamos a rede interna da túa empresa e analizamos a túa web para que non sufras ningún ataque ou roubo de información.
Análise avanzada de conexión a Internet
Analizamos os accesos a Internet e a WiFi da túa empresa para mellorar a súa velocidade de conexión e seguridade.
Soporte IoT
Damos soporte a todos os dispositivos conectados a internet da empresa.
Soporte Microsoft 365 e Gsuite Google
Resolvemos dúbidas e incidencias das plataformas Microsoft 365 e Google Workspace.
Revisión e posta a punto
Axudarémoste a revisar e configurar todos aqueles dispositivos e redes que precises comezar a utilizar no teu día a día.
Soporte Tecnolóxico Integral
Os nosos expertos axudarante a solucionar calquera incidencia ou dúbida que poidas ter cos teus dispositivos 24/7 os 365 días do ano.
Ciberscoring
Avaliamos a situación de seguridade e vulnerabilidade da túa empresa a través de cualificacións baseadas en técnicas Big Data e learning machine.
Simulador de ataques
Servizo de adestramento interactivo baseado en ataques simulados para previr e concienciar sobre riscos de ciberseguridade entre os teus empregados.
Cuestionario de Ciberseguridade
Responde o noso cuestionario e descubre cal é o nivel de risco ao que está exposta a túa empresa en cada unha das áreas de ciberseguridade.
Ciberseguridade avanzada R, dá un paso máis na seguridade da túa empresa
En R o noso obxectivo é axudarte a protexer a información e os datos da túa empresa ante todo tipo de ameazas a través de solucións multidispositivo. Aumenta a seguridade local dos teus equipos co antivirus Bit Defender Total Security e a realización dunha copia de seguridade na nube.
Ciberseguridade avanzada
- Inclúe 1 licenza de antivirus Bit Defender Total Security válida ata en 3 dispositivos.
- Inclúe 1 licenza con 10 GB de capacidade, válidas ata en 3 dispositivos.
- Protección de identidade dixital.
- Protección da tarxeta bancaria.
- Acceso remoto seguro.
- E-learning e concienciación.
Antivirus Bit Defender Total Security
Ofrecemos un dos mellores software de protección do mercado fronte a ataques de virus e malware que predi, prevén, detecta e repara calquera ameaza dixital.
10GB de copia de seguridade na nube
Co noso servizo de backup asegurámonos de que toda a información do teu negocio estea sempre segura na nosa nube..
E-learning e concienciación
Servizo de formación en liña onde atoparás cursos que te axudarán a tomar conciencia sobre a actual contorna tecnolóxica e a ciberseguridade.
Protección de identidade dixital
Fixéronse pasar por ti nalgunha rede social? Ofrecémosche o noso servizo antirroubo de identidade que evita que alguén acceda ao teu banco, redes sociais ou calquera servizo virtual.
Protección da tarxeta bancaria
Axudamos a protexer as súas tarxetas de crédito e a estar informado en todo momento no caso de que se produza algunha vulnerabilidade de seguridade coas mesmas.
Acceso remoto seguro
Comparte recursos de forma segura e ofrece acceso remoto seguro para todos os empregados da túa compañía mediante unha rede de conexión cifrada extremo a extremo.
Ciberseguridade avanzada
- Inclúe 1 licenza de antivirus Bit Defender Total Security válida ata en 3 dispositivos.
- Inclúe 1 licenza con 10 GB de capacidade, válidas ata en 3 dispositivos.
- Protección de identidade dixital.
- Protección da tarxeta bancaria.
- Acceso remoto seguro.
- E-learning e concienciación.
Necesitas máis capacidade de almacenamento para o backup?
En R dámosche a posibilidade de aumentar os teus xigas de backup para que toda a túa información estea sempre dispoñible na nube.
Aumenta os GB do teu backup
- 10GB adicionais de backup
- Toda a túa información almacenada nunha nube
Firewall virtual
Contar cunha infraestrutura de seguridade forte e robusta é primordial para o futuro de calquera compañía. En R ofrecemos un servizo de seguridade centralizada que proporciona unha solución integral ás infraestruturas da empresa permitindo unha navegación segura e un control total dos accesos á rede.