en Mundo R ofrecémosche o noso velocímetro R ou test de velocidade da internet, para que poidas comprobar a calidade de conexión que tes na túa casa.
co velocímetro R podes facer o test de velocidade por fibra, Wifi, ADSL ou datos móbiles. En apenas uns segundos terás toda a información que queres consultar sobre velocidade ao conectarte á Rede desde calquera dispositivo.
sigue as recomendacións que che damos para facer o test de velocidade da internet e así poderás comprobar se a conexión que tes responde ao que necesitas á hora de usar Internet.
se contrataches fibra connosco, poderás comprobar co noso velocímetro a calidade da fibra óptica simétrica, a tecnoloxía máis avanzada do sector para navegar a máxima velocidade e coa menor latencia posible.