unha vez contratado o servizo, podes comezar a navegar por internet a través do dispositivo MiFi (Airbox 4G), sen necesidade de esperar ata que a fibra estea instalada, xa que o dispositivo inclúe un cartón SIM que ten fornecido un bono inicial de 400 GB á máxima velocidade cunha duración de 30 días, tempo abondo para que remate a provisión da túa fibra.
para iso tan só tes que inserir o cartón SIM no dispositivo MiFi 4G, acendelo e asociarlle os dispositivos cos que queiras navegar por internet seguindo os pasos que aparecen na guía de instalación do dispositivo.
unha vez que che instalemos a fibra dende R, debes conectar o dispositivo MiFi 4G ao router instalado a través do porto usb para poderes gozar plenamente da funcionalidade de respaldo que o servizo ofrece.
non será preciso facer ningunha configuración adicional no router para que o dispositivo MiFi funcione como respaldo.
xa só precisarás asociar ao router Livebox os dispositivos que desexares conectar a internet (quer vía ethernet, quer vía wifi) e comezar a gozar plenamente do noso servizo de fibra con respaldo (Fibra Oro).
lembra: é moi importante que o dispositivo MiFi 4G estea conectado ao router a través do usb para poder funcionar en modo respaldo e se poida garantir así a continuidade do sinal de internet en caso de eventuais cortes ou incidencias na rede fixa. se non está conectado, esta funcionalidade non quedará cuberta.