chámanos

Particulares

Autónomos e Empresas


Grandes Empresas

Empresas (5-100 empregados)

o teu negocio en internet

Dende páxinas web profesionais ata e-commerce, posicionamento SEO, redes sociais e máis:
todo o que a túa empresa precisa para destacar, conectar cos seus clientes e medrar no espazo dixital.

presenza dixital

encargámonos de crear ou mellorar a túa ficha en Google, garantindo que toda a información da túa empresa estea segura e actualizada. co noso servizo, os teus datos aparecerán nos principais motores de procura, como Google, Tripadvisor, Facebook, Instagram e máis. ademais, proporcionámosche unha ferramenta de xestión personalizada para que poidas manexar as recensións da túa empresa de xeito eficiente. aproveita estas ferramentas para aumentares a visibilidade da túa empresa en liña, chegares a máis clientes potenciais e incrementares o tráfico nas túas plataformas. potencia a túa presenza en internet e fai medrar o teu negocio connosco!

web empresas essentials

construímos unha páxina web de alta calidade adaptada ás necesidades da túa empresa, incluíndo un dominio personalizado e un deseño que se axusta a calquera dispositivo. terás o control total a través dunha área privada para xestionala facilmente. ademais, está optimizada para destacar nos motores de procura, e contarás co respaldo dun asesor para o seu mantemento continuo.

web empresas

creamos a túa páxina web cun deseño atractivo e adaptable, que podes xestionar sen complicacións. incluímos un dominio personalizado e optimizamos o sitio para mellorar a súa visibilidade nos principais motores de procura. ademais, proporcionámosche informes mensuais detallados sobre visitas e tráfico web. ao potenciar a túa presenza dixital, o teu contido contribuirá a unha maior visibilidade empresarial, consolidando a confianza dos usuarios grazas a un posicionamento avanzado.

posicionamento web

optimizamos e garantimos a visibilidade da túa páxina web nos motores de procura en internet, incrementando así o fluxo de visitantes mediante estratexias avanzadas de mercadotecnia dixital, tanto dentro da túa web (seo on-page) como fóra dela (seo off-page). este servizo inclúe unha análise exhaustiva de palabras clave, os teus competidores e recomendacións de mellora elaboradas polos nosos consultores expertos. ademais, coa nosa oferta de presenza dixital, expandimos a presenza do teu negocio en máis de 50 plataformas dixitais, como Google e Facebook.

e-commerce empresas

desenvolvemos unha tenda en liña exclusiva para o teu negocio, cun catálogo que abrangue ata 100 produtos, potenciando as túas oportunidades de venda. ofrecemos un completo seguimento de pedidos, diversas opcións de pagamento e eficientes sistemas de envío. esta solución non só ampliará a túa presenza dixital, senón que tamén atraerá clientes potenciais sen limitacións xeográficas.

redes sociais

encargámonos de crear un perfil profesional para a túa empresa que captará a atención da túa audiencia. un asesor experto encargarase de deseñar e publicar 4 contidos mensuais oportunos para o teu negocio. ademais, brindámosche asesoramento personalizado para formular a estratexia ideal e seleccionar os contidos máis axeitados para a túa actividade. xestiona de maneira efectiva a relación cos teus clientes, interactuando directamente con eles a través de suxestións e valoracións, creando así unha conexión próxima e de confianza. aproveita ao máximo o poder das redes sociais para facer medrar o teu negocio!
tamén che pode interesar...

ferramentas de xestión

ofimática e helpdesk

se queres contratar algún dos nosos servizos

chámanos gratis de luns a xoves de 9:00 a 19:00h e venres de 9:00 a 17:00h.

queres contratar?

asesorámoste gratis

De luns a xoves, de 9:00 a 19:00; venres, de 9:00 a 17:00.

chámanos al

900 825 859

chamámoste

c2c.popup.callTitle2

En R imos tratar os teus datos para informarche dos nosos servizos, en relación con esta solicitude ou no futuro, ata que nos retires o teu consentimento. Podes exercitar os teus dereitos con docu@mundo-r.net.
Máis info
aquí.
se xa es cliente,
chámanos ao
900 815 825
operator

queres contratar?

asesorámoste GRATIS