Particulares

Autónomos e Empresas


Grandes Empresas

Empresas (5-100 empregados)

chámanos

R - LAYOUT - SOHO - LOGO
R - LAYOUT - SOHO - LOGO
solucións dixitais
R - LAYOUT - SOHO - LOGO SMALL
axudaárea cliente
900 825 913
R line banner

Xestión de Frotas
e Tacógrafo

que é?

xestión de frotas permíteche coñecer datos precisos e fiables en tempo real sobre o estado e uso do vehículo, mediante un dispositivo OBD II autoinstalable, o que permite unha xestión máis eficaz.
r-pymes-gestion-flotas-card1
visualización precisa da localización de vehículos a través de mapas interactivos.
r-pymes-gestion-flotas-card2
estabelecemento de áreas xeográficas concretas con notificacións automáticas cando un vehículo entre ou saia destas zonas.
r-pymes-gestion-flotas-card3
acceso a rexistros históricos de rutas, tempos de chegada e saída, velocidades e outros datos pertinentes para o seguimento.
r-pymes-gestion-flotas-card4
configuración de alertas para sucesos específicos como exceso de velocidade, paradas non programadas ou desvíos de ruta.
r-pymes-gestion-flotas-card5
programación de mantementos preventivos e correctivos baseados na distancia percorrida ou o tempo transcorrido.
r-pymes-gestion-flotas-card6
posibilidade de xerar informes adaptados ás necesidades específicas da empresa, exportables a formatos como excel ou pdf.
r-pymes-gestion-flotas-card7
informe de ecodrive que valora os tempos de ralentí, xiros, freadas e aceleracións bruscas.

xestión de frotas tacógrafo

ademais das funcionalidades de xestión de frotas, achégache os datos do CAN/FMS e a lectura e descarga automática de datos do tacógrafo.
  • esquece as descargas manuais do tacógrafo: o sistema faino automaticamente e a distancia, evitando perdas de datos e aforrándoche tempo para o teu negocio.
  • axúdache ao cumprimento normativo: os teus ficheiros sempre organizados e listos para a inspección, evitando estrés e sancións.
  • mellora a produtividade da túa frota:
    podes controlar en tempo real as horas de condución, optimizar os descansos e cumprir a normativa, evitando sancións por exceso de xornada.

existen dúas opcións de xestión de frotas tacógrafo

r-pymes-tacografo-card1
tacógrafo camións: dispositivo para vehículos de mais de 3,5 toneladas con instalación por un técnico autorizado
r-pymes-tacografo-card2
tacógrafo furgonetas: dispositivo para vehículos de entre 2,5 e 3,5 toneladas con instalación por un técnico autorizado

que achegamos ao teu negocio?

a información da plataforma facilitará unha planificación máis eficiente que permitirá reducir custos, mellorar a eficiencia operativa e un maior control e seguridade dos teus vehículos, e na opción con tacógrafo a descarga remota automatizada de ficheiros de tacógrafo e monitoraxe de tempos de condución en tempo real, ademais da posición de vehículos, rutas, paradas, xeocercas e alertas operativas.

preguntas frecuentes

non, os servizos xestión de frotas e xestión de frotas tacógrafo non teñen cota de alta.
hai, o compromiso de permanencia é de 24 meses.
o dispositivo debe ser devolto ao enderezo indicado por R. ademais, se non se cumpre o compromiso de permanencia, aplicarase unha penalización.

xestión de frotas é compatible cos vehículos con porto OBD II. teñen porto OBDII a maioría de turismos gasolina dende 2001 e a maioría de turismos diésel dende 2004. en función do vehículo poderase acceder a máis ou menos datos do motor.

xestión de frotas tacógrafo é compatible con tacógrafos dixitais a partir da versión 1.3a, cos portos de descarga habilitados. o cliente deberá contar con:

  • computador con Windows 10 ou 11 para a aplicación de escritorio
  • lector USB de cartóns intelixentes conectado a un equipo con acceso a Internet
  • cartón de empresa inserido para autenticar a descarga remota
son. terás toda a información dos produtos xestión de frotas e xestión de frotas tacógrafo na mesma plataforma.

se queres contratar algún dos nosos servizos

chámanos gratis de luns a xoves de 9:00 a 19:00h e venres de 9:00 a 17:00h.
internet
big pymetest de velocidadecobertura fibra

© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026

Info LegalEncarga do tratamentoPolítica de privacidadeAviso legalPolítica de CookiesCalidade de servizoPlataforma de resolución de conflitosCanle Ética

© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026

Info LegalEncarga do tratamentoPolítica de privacidadeAviso legal
defaultLayout.trustImageAltdefaultLayout.trustImageAlt