A través de R podes ver 5 partidos por xornada de LALIGA EA SPORTS, a través do acordo que temos con DAZN. Por outra banda, dentro do pack de Total TV contamos coas canles que emiten toda LALIGA HYPERMOTION e os 10 mellores partidos de cada xornada da Primeira Federación Versus E-Learning.
En R podes contratar DAZN, que emite cada semana 5 partidos de LALIGA EA SPORTS. É dicir, poderías ver os encontros do Celta de Vigo a condición de que nesa xornada sexa un dos partidos que emitan na canle (non hai un calendario anual cos encontros que se emiten e os que non).
Tamén podes gozar de todos os partidos do seu filial, do Celta Fortuna. Emitimos todos os seus encontros a través da canal LALIGA TV HYPERMOTION, dispoñible dentro da opción Total TV.
S. A través de DAZN fútbol, en R, cada semana ofrécense 5 partidos de Primeira División (lembra que hai outro encontro que se dá en aberto, tamén en DAZN). Na televisión de R só tes que ir aos diais 114 e 115.
Se o teu equipo está en Primeira Federación Versus e-Learning, tamén coñecida como Segunda División B, só tes que ir ao dial 119. Desde aí poderás ver en directo os 10 mellores partidos de cada jornada, onde seguramente haxa choques de equipos galegos e leoneses. En concreto, esta tempada contaremos coa representación do Pontevedra CF, CD Lugo, Racing de Ferrol, UD Ourense, Deportivo Fabril, SD Ponferradina e Cultural Leonesa.
Non pedimos ningún tipo de permanencia, salvo que teñas algún tipo de oferta con condicións específicas.
Depende do que queiras ver. En R podes contratar DAZN e a opción Total TV (onde ver LALIGA HYPERMOTION e Primeira Federación Versus e-Learning) de forma independente, co que o prezo dependerá do que queiras contratar. En todo caso, se nos chamas, vémolo contigo.
© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026
Mapa webInformación LegalPolítica de privacidadAviso legalPolítica de CookiesCalidad de servicioPlataforma de resolución de conflictosCanal de ética© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026
Mapa webInformación LegalPolítica de privacidadAviso legal
