ciberseguridade pemes R

a dixitalización e a adopción de novas tecnoloxías supón un avance importante, mais tamén unha ameaza para as empresas. O teu negocio precisa un soporte técnico experto e ferramentas que garantan a seguridade fronte a estas ameazas. Ciberseguridade Pemes ofréceche todo o necesario para protexer a información e os dispositivos da túa empresa.

protexemos a contorna dixital do teu negocio de posibles ameazas

aproveita as vantaxes do experto dixital R

se tes calquera servizo de internet empresa contratado con R ofrecémosche de xeito gratuíto un soporte experto con atención prioritaria para que a túa empresa, sexa do tamaño que sexa, estea sempre protexida dos ciberataques e do roubo de datos esenciais garantindo unha solución en tempo real a calquera problema de ciberseguridade.

análise de vulnerabilidades de rede e web

chequeamos a rede interna da túa empresa e analizamos a túa web para que non sufras ningún ataque ou roubo de información.

análise avanzada de conexión a Internet

analizamos os accesos a Internet e a WiFi da túa empresa para mellorar a súa velocidade de conexión e seguridade.

soporte IoT

damos soporte a todos os dispositivos conectados a internet da empresa.

soporte Microsoft 365 e Gsuite Google

resolvemos dúbidas e incidencias das plataformas Microsoft 365 e Google Workspace.

revisión e posta a punto

axudarémoste a revisar e configurar todos aqueles dispositivos e redes que precises comezar a utilizar no teu día a día.

soporte Tecnolóxico Integral

os nosos expertos axudarante a solucionar calquera incidencia ou dúbida que poidas ter cos teus dispositivos 24/7 os 365 días do ano.

ciberscoring

avaliamos a situación de seguridade e vulnerabilidade da túa empresa a través de cualificacións baseadas en técnicas Big Data e learning machine.

simulador de ataques

servizo de adestramento interactivo baseado en ataques simulados para previr e concienciar sobre riscos de ciberseguridade entre os teus empregados.

cuestionario de Ciberseguridade

responde o noso cuestionario e descubre cal é o nivel de risco ao que está exposta a túa empresa en cada unha das áreas de ciberseguridade.

ciberseguridade avanzada R, dá un paso máis na seguridade da túa empresa

en R o noso obxectivo é axudarte a protexer a información e os datos da túa empresa ante todo tipo de ameazas a través de solucións multidispositivo. Aumenta a seguridade local dos teus equipos co antivirus Bit Defender Total Security e a realización dunha copia de seguridade na nube.

ciberseguridade avanzada

  • inclúe 1 licenza de antivirus Bit Defender Total Security válida ata en 3 dispositivos.

  • inclúe 1 licenza con 10 GB de capacidade, válidas ata en 3 dispositivos.

  • protección de identidade dixital.

  • protección da tarxeta bancaria.

  • acceso remoto seguro.

  • e-learning e concienciación.

antivirus Bit Defender Total Security

ofrecemos un dos mellores software de protección do mercado fronte a ataques de virus e malware que predi, prevén, detecta e repara calquera ameaza dixital.

10GB de copia de seguridade na nube

co noso servizo de backup asegurámonos de que toda a información do teu negocio estea sempre segura na nosa nube..

e-learning e concienciación

servizo de formación en liña onde atoparás cursos que te axudarán a tomar conciencia sobre a actual contorna tecnolóxica e a ciberseguridade.

protección de identidade dixital

fixéronse pasar por ti nalgunha rede social? Ofrecémosche o noso servizo antirroubo de identidade que evita que alguén acceda ao teu banco, redes sociais ou calquera servizo virtual.

protección da tarxeta bancaria

axudamos a protexer as súas tarxetas de crédito e a estar informado en todo momento no caso de que se produza algunha vulnerabilidade de seguridade coas mesmas.

acceso remoto seguro

comparte recursos de forma segura e ofrece acceso remoto seguro para todos os empregados da túa compañía mediante unha rede de conexión cifrada extremo a extremo.

ciberseguridade avanzada

  • inclúe 1 licenza de antivirus Bit Defender Total Security válida ata en 3 dispositivos.

  • inclúe 1 licenza con 10 GB de capacidade, válidas ata en 3 dispositivos.

  • protección de identidade dixital.

  • protección da tarxeta bancaria.

  • acceso remoto seguro.

  • e-learning e concienciación.

necesitas máis capacidade de almacenamento para o backup?

en R dámosche a posibilidade de aumentar os teus xigas de backup para que toda a túa información estea sempre dispoñible na nube.

aumenta os GB do teu backup

  • 10GB adicionais de backup

  • toda a túa información almacenada nunha nube

firewall virtual

contar cunha infraestrutura de seguridade forte e robusta é primordial para o futuro de calquera compañía. En R ofrecemos un servizo de seguridade centralizada que proporciona unha solución integral ás infraestruturas da empresa permitindo unha navegación segura e un control total dos accesos á rede.

o Firewall Virtual inclúe:

preguntas frecuentes de ciberseguridade para empresas

teño dúbidas sobre
ver todas