
servizos dixitais
a mellor tecnoloxía adaptada ás túas necesidades de negocio

xestión de colas
non fagas agardar aos teus clientes, reduce os tempos de espera ofrecendo unha mellor experiencia do servizo. Mellora a eficiencia do teu servizo a través das solucións que mellor se adapten ás túas necesidades: quioscos multimedia, puntos de atención en tempo real de usuarios en espera, integración de cartelaría dixital ou integración con backoffice.

cartelaría dixital
crea espazos de información ou publicidade máis dinámicos e atractivos grazas ao noso sistema de cartelaría dixital. Poderás dividir as pantallas por zonas, programar os contidos e xestionar todas as pantallas de xeito centralizado. Ademais, poderás integrar realidade aumentada a través do smartphone do cliente e personalizar o contido publicado en base ás características da persoa que estea diante grazas á función do recoñecemento facial.

ticketing
mantén os teus gastos actualizados día a día, coa nosa app poderás dixitalizar de xeito automático todas as facturas e tíckets recibidos. Dende o panel web poderás ver en tempo real todos os teus gastos e os do teu equipo. Ademais, poderás vincular os gastos ao teu sistema interno de xestión de persoal integrando a plataforma cos teus sistemas. Descubre todas as vantaxes das ferramentas ticketing!
servizos de dominio
dominio R
os servizos de dominio R inclúen tanto o rexistro do dominio a nome do cliente e a súa renovación, como o seu aloxamento nos nosos servidores, ademais de múltiples vantaxes:
hosting R
o teu hosting de calidade con seguridade e dominio incluído