O bo funcionamento da túa conexión a Internet é fundamental para R e niso traballan os nosos técnicos.
Aínda así, en determinados momentos poden xurdir incidencias ou variacións puntuais na conexión. Estas situacións poden deberse a diversos factores, como aspectos técnicos, condicións meteorolóxicas ou elementos da contorna que afectan ao rendemento da rede.
Cando isto ocorre, a asistencia adecuada marca a diferenza. Por iso, desde R ofrecémosche unha serie de recomendacións prácticas que che axudarán a entender que pode estar a suceder e a resolvelo da forma máis sinxela posible mediante unhas primeiras comprobacións.
Se despois destes pasos segues notando que a conexión non funciona correctamente, non te preocupes. O servizo técnico de R está dispoñible as 24 horas do día, os 365 días do ano, para axudarche e solucionar a incidencia canto antes.
O problema aparece só cando usas o wifi ou tamén ocorre se te conectas por cable? Notas que a conexión vai lenta ou directamente non tes acceso a Internet?
Imos ao básico: comproba que todos os cables están ben conectados á corrente e revisa se o fallo afecta só a un dispositivo ou a unha páxina web en concreta.
Se a conexión funciona con normalidade no resto de dispositivos, é moi probable que a orixe do problema estea nese equipo concreto e non na rede.
Nese caso, podes realizar estas comprobacións:
Se o resto das páxinas cargan con normalidade e o problema aparece unicamente ao acceder a unha web concreta, é posible que o bloqueo estea relacionado co software de seguridade do dispositivo (como a devasa ou o antivirus).
Para comprobalo de forma sinxela:
Se despois destas comprobacións a páxina segue sen cargarse, é posible que o problema estea na propia web e non na túa conexión a Internet.
Reiniciar o router pode resolver incidencias puntuais de conexión. Para facelo correctamente, sigue estes pasos:
Este proceso non borra ningunha configuración e é totalmente seguro realizalo sempre que sexa necesario.
O rendemento do wifi en casa pode verse afectado por distintos factores. A continuación, explicámosche os máis habituais e que podes facer en cada caso para mellorar a conexión.
Presenza de obstáculos
Sempre que sexa posible, coloca o router nun espazo aberto, evitando situalo detrás de mobles ou outras estruturas que poidan bloquear o sinal.
Interferencias
Algúns electrodomésticos e dispositivos electrónicos —como microondas ou certas radios— emiten sinais en frecuencias similares ás do wifi. Isto pode provocar interferencias que reduzan a estabilidade da conexión, xeren perdas de velocidade ou mesmo cortes puntuais, especialmente se o router está moi preto destas fontes.
Notarás unha mellora se recolocas o router nun lugar afastado destes aparellos.
Sinal wifi e distancia respecto ao router de R
Cuanto máis lonxe estea un dispositivo do router, menor será a calidade do sinal e a velocidade dispoñible. En vivendas amplas, un amplificador wifi pode axudarche a aproveitar ao máximo a velocidade de fibra contratada e a manter unha conexión estable en todas as estancias.
👉Consulta aquí o amplificador wifi mesh de R para mellorar a cobertura na túa casa.
Número de dispositivos conectados no domicilio
A velocidade da túa conexión en casa repártese entre todos os dispositivos que estean conectados ao mesmo tempo. Por iso, se varios equipos usan Internet á vez (móbiles, tablets, televisores, computadores…), é posible que notes que a navegación vai máis lenta.
Para entendelo mellor, imaxina que a túa conexión é unha autoestrada:
🚀Grazas ao nosotest de velocidade R, dispós dunha ferramenta para comprobar de forma orientadora a velocidade da túa conexión a Internet, tanto de descarga como de subida, así como outros aspectos relacionados coa calidade do acceso.
Para obter un resultado o máis fiable posible, é importante ter en conta algunhas recomendacións antes de realizar a proba.
1. Pecha aplicacións programas
Asegúrate de que non haxa aplicacións abertas nin programas executándose en segundo plano, xa que poden estar a utilizar Internet e consumir parte da largura de banda, o que alteraría o resultado da proba.
2. Comproba que só estea conectado o teu dispositivo
Verifica que non haxa outros dispositivos ou persoas usando a rede nese momento. Se hai máis equipos conectados, a velocidade repártese e o resultado do test pode non reflectir o rendemento real da túa conexión.
3. Conéctate ao router de R por cable
Sempre que sexa posible, realiza o test de velocidade conectando o teu dispositivo directamente ao router mediante un cable de rede. Deste xeito, evitarás interferencias propias do Wifi e obterás unha medición máis precisa.
4. Revisa as características do teu dispositivo
Confirma que o dispositivo desde o que realizas a proba é compatible coa velocidade contratada. Algúns equipos, cartóns de rede ou configuracións poden limitar a velocidade máxima, aínda que a conexión chegue correctamente ao router.
💡Lembra:
© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026
Mapa webInformación LegalPolítica de privacidadAviso legalPolítica de CookiesCalidad de servicioPlataforma de resolución de conflictosCanal de ética© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026
Mapa webInformación LegalPolítica de privacidadAviso legal
