Como é a configuración por defecto da ventá TCP para Windows XP?
Esta configuración depende do sistema operativo co que traballemos, vexamos os casos máis populares. De todos os xeitos, visita a sección de manuais para poder facer as modificacións necesarias que che permitan aproveitar ao máximo o teu acceso a internet de alta velocidade. Windows XP por defecto ten un tamaño de ventá de 64 KB, e configurada sen escalado, de modo que este tamaño de ventá é fixo e estableceremos conexións sempre cunha ventá de 64 KB. con este tamaño de ventá non teremos excesivos problemas mentres nos movamos nunha rede de área local (RTT <10 ms), pero cando nos afastamos un pouco o rendemento degrádase exponencialmente. se accedemos a un servidor moi próximo: RTT=10 ms: cada 10 ms eu son capaz de recibir 64 KB. 1000 ms/10 ms 64 KB =6400 KB (uns 50 Mbps aprox.) se a distancia co servidor é media: RTT=30 ms: agora recibimos os 64 KB cada 30 ms. 1000 ms/30 ms * 64 KB =2133,3 KB (uns 18 Mbps aprox.) pero nun caso de grande distancia entón o rendemento a vai moi penalizado: RTT=100 ms: agora recibimos 64 KB cada 30 ms. 1000 ms /100 ms 64 KB =640 KB (5 Mbps aprox.) Windows XP permítenos modificar os parámetros do TCP co fin de adecuar a ventá TCP á velocidade da nosa conexión.