Ordenador, ratón y planta
tituilo

Proxecto de Extensión de Banda Ancha de Nova Xeración (PEBA-NGA)

TSI-061000-2016-131

Este proxecto foi cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) co obxectivo de mellorar o uso e a calidade das tecnoloxías da información e das comunicacións e o acceso ás mesmas.

"Una manera de hacer Europa"

O proxecto atópase enmarcado no modelo de subvención de Fondos Europeos e subvencións do Ministerio Enerxía e Turismo e Axenda Dixital para a construción de redes ultrarrápidas en zonas brancas.

Para iso, afrontouse un investimento de 0,8 mións de € para cubrir un obxectivo de cobertura de 3.531 unidades inmobiliarias residenciais e pequenas empresas, cunha estimación de poboación afectada de 5.800 persoas en 10 núcleos. Como resultado do desenvolvemento do proxecto, finalmente despregouse unha nova rede NGA para dar cobertura a 4.326 unidades inmobiliarias, un 22% por enriba do previsto inicialmente.

Neste despregamentos R propuxo utilizar a súa última tecnoloxía en despregamento de redes NGA, composto pola tecnoloxía FTTH, “Fiber to the Home”, que permite eliminar o par de cobre e o cable coaxial fóra das vivendas e que adicionalmente permite estender a cobertura dos nodos de acceso, pasando dun 2Km ata un rango de 20Km-60Km de distancia desde o nodo primario. Outra das vantaxes desta tecnoloxía, especialmente adecuada para zonas rurais diseminadas, é que permite reducir o impacto visual ao despregar soamente fibra óptica no exterior dos edificios e rúas, eliminando cables grosos, tendidos de pares así como amplificadores, repartidores e outros equipos activos nas rúas.

O alcance deste proxecto comprendeu o deseño, construción e posta en servizo de Despregue Rede FTTH nas entidades incluídas no ámbito da axuda concedida nos seguintes núcleos:

 

ProvinciaMunicipioNúcleo de Poblaciónuis desplegadas
OurenseSan Cibrao das ViñasReboredo146
San Cibrao das ViñasFarixa (A)328
Pobra de Trives, APobra de Trives562
PetínPetín246
LugoPalas de ReiPalas de Rei512
MonterrosoMonterroso1471
LourenzáVilanova (Lourenza)443
CervoRío Covo216
BarreirosSan Cosme402
4.326

Política de cookies

En nuestra web utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servizo cuando vuelvas a visitarnos. Al navegar por nuestra web estás aceptando su uso. Encuentra aquí toda la información sobre nuestra política de cookies.

Acepto