roaming - chama e navega dende o estranxeiro.
vas viaxar ou a chamar a outro país? consulta o prezo de chamar, navegar ou enviar SMS dende o teu móbil cando estás no estranxeiro. Tamén podes ver o custo das chamadas internacionais dende España.
navegar por internet
- prezo por MB: os xigas incluídos na túa tarifa3,6300 €/MB6,0500 €/MB
facer chamadas:
- establecemento de chamada: a túa tarifa0,545 €
- prezo por minuto: a túa tarifa2,18 €/min3,93 €/min2,18 €/min2,18 €/min3,93 €/min3,93 €/min3,93 €/min3,93 €/min
- enviar SMS: a túa tarifa1,09 €
lembra: recibir chamadas non che suporá ningún custo adicional.
recibir chamadas:
- establecemento de chamada: GRATIS0,545 €
- prezo por minuto: GRATIS1,57 €/min2,42 €/min
vas a un país con custos moi elevados no uso de datos. Para evitar sorpresas na túa factura, os teus datos están bloqueados neste país, polo que non poderás navegar nin usar, por exemplo, whatsapp ou facebook ata que non o desbloquees. Para facelo, cando chegues ao destino, recibirás un sms cos pasos a seguir para desbloquear os teus datos.
Lembra que a mellor forma de usar os teus datos sen custo no estranxeiro é usando o wifi.

países con roaming gratis
se viaxas polo Espazo Económico Europeo (os países da UE xunto con Islandia, Liechtenstein e Noruega), non te preocupes porque o roaming está incluído na túa tarifa móbil e non tes que pagar ningún extra.
para a túa comodidade, tes activado por defecto o Roaming nos países onde é gratis. Se viaxas a outros sitios, debes activar o Roaming na túa liña na túa Área Cliente.
ollo porque aínda que estudamos que Andorra e Suíza son Europa, non están incluídos no Espazo Económico Europeo.Revisa a lista para asegurarte de que o país ao que vas está incluído.

que teño que saber?
1. activa o roaming no teu móbil
Podes activar ou desactivar o Roaming na túa Área de Cliente, na APP ou chamando a atención ao cliente. Permíteche ter liña no estranxeiro e recibir ou enviar chamadas e mensaxes. Ademais, conectaraste a internet se activas a itinerancia de datos nos axustes do teu smartphone.
2. activa a itinerancia de datos no teu smartphone
Se queres navegar fóra de España, unha vez activado o roaming no teu móbil, necesitas activar tamén a itinerancia de datos. Faino dende os axustes do teu móbil. Se nalgún país só te vas conectar por wifi, comproba que a itinerancia estea desactivada.
preguntas frecuentes
queres contratar R?
chámanos de balde:
900 699 859sábados de 9-14h.
para os nosos clientes
escríbenos:
fala-con-R@mundo-r.netou chámanos:
se estás na casa 1449no estranxeiro:+34 698 111 449
sábados de 9-14h.
servizo técnico 24h/365.