chámanos

internet de alta velocidade para zonas rurais de Galicia

internet rural en Galicia

te ofrecemos una conexión pensada para zonas rurales de Galicia donde no llega la fibra. Máxima velocidad y con internet funcionando mañana mismo.
Ilustracion (5)

internet na casa

ata 150 Mb + Router WiFi 6
Ilustracion (6)

chega mañá

entrega en 24 horas a tu domicilio
Ilustracion (7)

sen instalación

recíbelo e vai!

internet rural ilimitado en Galicia

ic check Máxima velocidade grazas a 5G
ic check Cobertura WiFi en toda a túa casa co enrutador WiFi 6
ic check Podes conectar ata 32 dispositivos ao mesmo tempo
ic check Tan sinxelo coma enchufalo e gozar da túa wifi rural
Image (2)

para quen está pensado este servizo de internet rural?

mambo Axiña é un produto pensado para ofrecerche internet rural onde non chegue a fibra. Está pensado para aqueles que queren unha conexión de alta velocidade e queren gozar do servizo canto antes. É tan sinxelo que podes disfrutalo en menos de 3 minutos

Preguntas frecuentes e información

que é mambo axiña?

mambo axiña é unha conexión de Internet rápida e fiable no Fogar que se conecta a Internet a través da tecnoloxía 5G. Ademais é unha conexión que reduce o LAG (latencia) nos xogos en liña ou que podes conectar varios equipos á vez en casa, igual que si se tratase dunha conexión de Fibra. Perfecta para fogares que necesitan unha conexión a Internet actual, mais que non dispoñen agora mesmo de acceso á fibra.

mambo Axiña necesita instalarse en casa?

non. Esquécete de citas con instaladores, cables pola casa… Con Mambo Axiña todo o que tes que facer é recibilo na casa e conectar o router a un enchufe. Cando se acenda, sigue as instrucións da sinxela configuración e teralo funcionando en minutos.

a velocidade é sempre de 5G?

As velocidades poden variar segundo o lugar no que utilices o teu Router wifi 6 con 5G. Nas instrucións atoparás a guía para conseguir as mellores velocidades no teu fogar.

se na miña casa non teño cobertura 5G, podo utilizar mambo axiña?

mambo axiña tamén funciona utilizando conexión 4G, que é unha conexión de alta velocidade e estable comparada con outras conexións como o ADSL.

canto tarda en chegarme o mambo axiña?

para que poidas ter conexión a Internet canto antes, farémoscho entre 24 e 48 horas dende que se finalice a contratación.

inclúe teléfono fixo?

Mambo axiña non inclúe liña fixa, no seu lugar dispós dunha liña móbil con chamadas ilimitadas a fixos e móbiles nacionais para que poidas despreocuparte da factura. Se non queres perder o fixo, temos un servizo “fixo no móbil” para que todas as túas chamadas poidan soar no móbil que elixas do teu Mambo Axiña.

existe permanencia ao contratar unha tarifa da internet rural?

neste caso, ofrecémosche unha tarifa da internet rural cunha promoción durante 12 meses. A cambio, pedímosche que teñas o servizo contratado durante ese mesmo período.

se me dou de baixa, teño que devolver o dispositivo router?

no caso de que te deas de baixa do servizo, necesitamos que nos devolvas o router nunha das tendas R . O router é propiedade de R, co que é necesario que nolo entregues se xa non o necesitas.

podo teletraballar con este servizo da internet rural?

por suposto. A velocidade media dos clientes que están a usar o servizo mambo axiña para a súa conexión de internet no rural é de 102 Mbps. É dicir, unha velocidade onde tes posibilidade de teletraballar e conectar diferentes dispositivos.

que internet é bo para a zona rural?

eno caso de que á túa casa no rural non chegue a fibra óptica, nós recomendamos un servizo como mambo axiña. Por que? Porque poderás navegar sempre a máxima velocidade, xa que non tes límite de descarga na túa conexión. Ademais, grazas á velocidade 4G e 5G, poderás navegar moi rápido. E co noso router con wifi 6, tes capacidade para conectar ata 32 dispositivos a un mesmo tempo, algo que non che permiten outras tecnoloxías.

se cambio de residencia, podo levalo comigo?

podes facelo, pero é necesario que nos avises se te cambias de residencia. Para ofrecerche o servizo da internet no rural, sempre temos en conta a cobertura no teu enderezo. Se cambias de vivenda, para poder darche soporte e garantirche unha boa conexión no rural, é necesario que comprobemos a nova dirección.

como podo ter internet na aldea?

mambo axiña é a solución ideal para gozar de internet no campo. Na túa casa da aldea gozarás de conectividade 4G ou 5G (segundo a cobertura), sen límite de descarga e coa capacidade de conectar moitos dispositivos ao mesmo tempo, grazas ao noso router con wifi 6.

en que concellos da Coruña podo contratar este servizo de internet rural??

este servizo está dispoñible naquelas vivendas ás que non chegamos con fibra dos concellos coruñeses de Abegondo, Ames, Ares, Arteixo, Arzúa, Bergondo, Betanzos, Boiro, Brión, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Camariñas, Cambre, Carballo, Cariño, Carral, Cedeira, Cee, Coirós, Coristanco, A Coruña, Culleredo, Fene, Ferrol, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Melide, Miño, Mugardos, Muros, Narón, Negreira, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Ortigueira, Outes, Padrón, Pobra do Caramiñal, Ponteceso, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Sada, San Sadurniño, Santiago de Compostela, Santiso, Teo, Valdoviño, e Vedra.

en que concellos da provincia de Lugo podo contratar o servizo da internet rural para a miña casa?

O servizo mambo axiña pódese contratar naqueles lugares onde non chegamos con fibra nos municipios de Barreiros, Begonte, Burela, Carballedo, Castro de Rei, Cervo, Chantada, O Corgo, Cospeito, A Fonsagrada, Foz, Friol, Lugo, Meira, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Monterroso, Palas de Rei, Paradela, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, A Pontenova, Portomarín, Ribadeo, Sarria, Sober, Vilalba e Viveiro.

en que municipios da provincia de Ourense está dispoñible o mambo axiña, a solución para ter internet en zonas rurais?

Podes gozar da internet rural con velocidade ata 5G nas vivendas e negocios onde non temos fibra agora mesmo das localidades de Allariz, O Barco de Valdeorras, Beariz, Os Blancos, Calvos de Randín, Carballeda de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Lobeira, Maceda, Maside, Monterrei, Ourense, Piñor, Ribadavia, San Cibrao das Viñas, Toén, Verín, Vilamarín, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía.

vivo na provincia de Pontevedra e quero internet para a miña casa da aldea. En que concellos se pode contratar internet rural?

na actualidade, o servizo da internet para a túa casa no rural da provincia de Pontevedra pódese contratar nas vivendas e empresas onde non temos despregada rede de fibra nestes municipios: Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, A Cañiza, Catoira, Crecente, A Estrada, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño, Redondela, Ribadumia, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Vigo, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

mambo axiña, o teu servizo da internet rural en Galicia con R

presentámosche mambo axiña, o servizo da internet rural con R especificamente pensado para as zonas de Galicia onde é máis complicado ter conexión en liña.
o noso servizo de wifi rural mambo axiña aproveita redes 4G ou 5G para ofrecer a mellor velocidade de conexión posible. Por iso, co noso servizo da internet rural en Galicia gozarás de ata 150 Mb de velocidade.
a opción ideal para contar cunha conexión estable e de calidade, moi superior ao ADSL e ao mellor prezo posible. É case como ter fibra rural.
se estás nunha zona de Galicia que teña escasos servizos da internet ou que está demasiado illada, mambo axiña é a solución que necesitas para ter internet rural ilimitado e poder navegar como necesitas.
Fibra rural Galicia

todos os beneficios do noso internet rural barato

o noso servizo da internet rural R está dispoñible en dúas modalidades, cunha liña móbil de 30 GB e chamadas ilimitadas ou cunha liña de datos e chamadas, ambos os ilimitados.
ademais, en calquera dos dous servizos da internet rural barato ofrecémosche gratis unha segunda liña móbil adicional coas mesmas características.
outra vantaxe importantísima de mambo axiña é que non necesita instalación. Esquece o cableado: co noso router só necesitas conectalo e, cunha sinxela configuración, terás conexión a Internet para todos os dispositivos que necesites.
lembra que, dependendo da cobertura da túa área, poderás contar con internet rural 5G, o que significa que sempre terás a máxima velocidade dispoñible. É unha solución perfecta se necesitas internet ilimitado rural en Galicia.
wifi rural Galicia

comproba cobertura de fibra en R

queres contratar?

asesorámoste gratis

de luns a venres de 9 a 21h e sábados de 9 a 14h.

chámanos al

900 825 868

chamámoste

c2c.popup.callTitle2

En R imos tratar os teus datos para informarche dos nosos servizos, en relación con esta solicitude ou no futuro, ata que nos retires o teu consentimento. Podes exercitar os teus dereitos con docu@mundo-r.net.
Máis info
aquí.
se xa es cliente,
chámanos ao
1449

grazas por contactar con R!

recibimos os teus datos correctamente.

un dos nosos asesores comerciais chamarate dende o número:

981 911 360

c2c.occupiedLines.title

c2c.occupiedLines.subtitle

operator

queres contratar?

asesorámoste GRATIS

operator

queres contratar?

asesorámoste  GRATIS