Particulares

Autónomos e Empresas


Grandes Empresas

Particulares

chámanos

ES


GL

R - LAYOUT - RESI - LOGO
R - LAYOUT - RESI - LOGO
R - LAYOUT - RESI - LOGO SMALL
axudaárea cliente
900 825 868

Colgo que teño que colgar

Se te chaman de R dicindo que che van subir o prezo da túa tarifa R ou pedíndoche que lles valides os contrasinais que che enviamos por SMS, non te fíes e dilles: “colgo que teño que colgar”. Non somos nós os que te chamamos.

Cada vez son máis frecuentes este tipo de fraudes. Aquí contámosche como detectalas e evitalas.

Esta fraude chámase “a dobre chamada” e funciona así: un cibercarrancho ponse en contacto contigo facéndose pasar por un dos nosos operadores. Dinche que R vai subir o prezo da túa tarifa ou que tes que realizar un pago extra.

Despois, recibes unha segunda chamada, que non é casual. Están a facerse pasar por un operador dunha empresa de telecomunicacións e ofrécenche mellorar a tarifa que tes contratada connosco.

Dende R non te chamaremos nin contactaremos contigo por whastapp para informarte sobre subidas de prezos; se che pasa isto, despídete rapidiño cun “colgo que teño que colgar”.

 

 

A esta fraude coñéceselle como “suplantación de operador” ou “vishing”. Un nome raro, si, pero atención!

Un cibercarrancho ponse en contacto contigo facéndose pasar por unha empresa. Podes recibir unha chamada, unha SMS, un whatsapp ou incluso un email.

Utilizan distintas técnicas para facerte crer que é unha empresa da túa confianza e que lles proporciones datos como o DNI, domicilio, conta bancaria ou contrasinais. Os cibercarranchos utilizan os teus datos para cometer outras fraudes no teu nome.

Dende R non che pediremos por teléfono nin por whatsapp que nos facilites os teus contrasinais nin os códigos que che enviamos por SMS; se che pasa isto, despídete rapidiño cun “colgo que teño que colgar”.

Ou podes escribirnos en redes sociais

o máis buscado

fibra 1Gb, móbil ∞, Total TV, Netflix e Disney+fibra 500Mb, móbil ∞, TV e Netflixmóvete 50 GB: fibra, móbil con 50GB e fixofibra 1 Gb + fixo

© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026

Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legalPolítica de CookiesCalidade de servizoPlataforma de resolución de conflictosCanle de Ética

© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026

Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legal
defaultLayout.trustImageAltdefaultLayout.trustImageAlt