Se vas viaxar ou estar fóra da casa, aconsellámosche que antes de saír, e conectado a unha rede wifi, descargues no teu dispositivo os contidos que vaias consumir. As aplicacións de reprodución de música, series, navegación, etc. permítenche descargar adoito contidos en local. Así poderás reproducilos logo sen realizar consumos na túa tarifa de datos.
Os arquivos de vídeo ou os documentos adxuntos de correos adoitan ser arquivos moi grandes, polo que che recomendamos que os descargues cando esteas conectado a unha rede wifi para aforrares no consumo de datos.
Tanto en Android como en iOS podes activar unha opción que limita o consumo de datos no teu dispositivo.
En Android entra en Axustes > Uso de datos > Aforro de datos e activaa opción.
En iOS simplemente entra en Axustes > Datos móbiles > Opcións e activao Modo de datos reducidos.
Podes estabelecer un límite de consumo de datos no teu dispositivo para teres controlado en todo momento o uso da túa tarifa.
En Android entra en Axustes e no buscador escribe "límite de datos". Así poderás configurar un límite máximo de GB ou MB para un período de tempo.
En iOS, poderás entrar na sección Tempo de uso e alí estabelecer un límite de uso para todas as apps ou para unha app en concreto.
En calquera momento podes modificar as opcións para que o sistema operativo só actualice as túas apps cando esteas conectado a unha rede wifi e así evitar consumos extra de datos.
En Android abre Google Play, selecciona a túa foto na parte superior dereita e sigue a ruta Configuración > Preferencias de rede > Actualización automática de aplicacións. Agora simplemente dálle aSó por wifi.
En iOS sigue a ruta Axustes > App Store e, debaixo de Datos móbiles, desactiva a opción deDescargas automáticas.
Se estás de viaxe, adoita ser habitual que os hoteis e apartamentos dispoñan de redes wifi gratuítas, polo que che recomendamos conectáreste a este tipo de redes seguras se desexas facer consultas, descargar información ou realizar videochamadas. Así non consumirás datos da túa tarifa móbil.
o máis buscado
outros servizos
enlaces de interese
axuda e contacto
© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2025
Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legalPolítica de CookiesCalidade de servizoPlataforma de resolución de conflictosCanle de Ética© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2025
Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legal