Moitos dos que temos teléfono seguro que en algún momento dado tivemos que formatar o teléfono móbil para restablecelo aos valores de fábrica. Este proceso elimina por completo todos os arquivos, aplicacións e configuracións do dispositivo, deixándoo igual que estaba o primeiro día que o acendiches.
Desde R lembrámosche que esta acción pode resultar de grande utilidade en diferentes situacións. Unha delas, que non é a máis desexable, é cando o teléfono está infectado por malware ou aplicacións maliciosas. A outra, máis común, é cando cambias de móbil e decides vender ou deixarlle a alguén o teu antigo terminal, polo que debes asegurarte de non deixar datos persoais.
Fai isto antes de resetear o teu móbil
⚠️ IMPORTANTE! En R preocúpanos a túa seguridade, por iso che avisamos de que ao formatar o teu móbil se borran todos os teus arquivos (imaxes, vídeos, música, etc.), aplicacións e contactos almacenados nel.
Por iso, antes de restablecer o móbil aos valores de fábrica, recomendámosche realizar unha copia de seguridade na nube ou no teu ordenador, e asegurarte de lembrar as credenciais das túas contas. Así terás no teu novo móbil os teus números de teléfono, fotos e demais.
Os menús cambian segundo teñas un Android o un iPhone, aínda que en ambos os dous casos é moi sinxelo:
Como resetear un Android?
O proceso varía nun Android segundo o modelo e versión. O máis habitual é:
Aínda que tamén os pasos para formatalo tamén poden ser estes:

Como resetear un iPhone?
Formatear un iPhone é cuestión de catro pasos:
Lembra que comportamentos raros no teu dispositivo como fiestras emerxentes ou publicidade constante, bloqueos, envíos de SMS de forma masiva ou a aparición de aplicacións que non instalaches, poden estar orixinados por malware ou aplicacións maliciosas.
Para evitar que isto afecte á túa experiencia e á túa navegación,desde R recomendámosche seguir estas pautas de seguridade:
© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026
Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legalPolítica de CookiesCalidade de servizoPlataforma de resolución de conflictosCanle de Ética© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026
Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legal
