Particulares

Grandes Empresas

chámanos

Cómo se facturan os terminais móbiles ou dispositivos que comprei en R?

Como é a factura do meu terminal móbil ou dispositivo en R?

O equipamento ou os terminais móbiles de R factúranse de xeito independente dos servizos e teñen tamén un formato diferente.  
Xérase unha factura polo importe total do terminal con independencia de que a forma de pagamento sexa a prazos. Poderás atopar esta factura na túa Área de cliente R xunto ao resto das facturas, caso de que nalgún momento a precises.
No encabezamento verás os datos de facturación, así como a forma de pagamento, o albará e mais o pedido. E no detalle, os conceptos facturados. Ten en conta que se a forma de pagamento é “Aprazado 100 %” o total da factura será 0 €, xa que o importe total se divide en cotas mensuais que se reflicten no apartado “Observacións” despois do detalle desta factura.
No seguinte exemplo podes ver unha factura dun terminal móbil:

 

Como se cobra o meu terminal a prazos en R?

Se tes un terminal móbil R na modalidade de pagamento a prazos, veralo reflectido na túa factura de servizos R, no apartado “Total plans de pagamento”.
Aparecerán a marca e o modelo do terminal facturado, o importe do crédito antes e despois da factura e a cota final por pagar, de habela. Todos estes importes teñen o IVE incluído.  
O total destes conceptos súmase ao importe dos servizos propios de R e veralo reflectido no “Importe a pagar” da factura.  

Cantas cotas me quedan por pagar do meu móbil de R?

Poderás calcular doadamente o número de cotas pendentes, só tes que identificar na túa factura o “Importe do crédito despois desta factura” e a “Cota de pagamento a prazos”. Partindo do “Importe do crédito despois desta factura”, dividirémolo polo importe da “Cota de pagamento a prazos”, para obter así o número de cotas pendentes. Deixámosche aquí un exemplo:
Ten en conta que se cadra o teu terminal ten unha cota final. Nese caso porémonos en contacto contigo antes dese momento para ofrecerche opcións de renovación do terminal.

Que é o canon dixital?

A compensación equitativa por copia privada (canon dixital) é unha taxa que se aplica aos dispositivos tecnolóxicos cos que se poidan facer copias privadas de contido multimedia, por exemplo, teléfonos móbiles intelixentes.  
Esta taxa está destinada a autores, editores e artistas en compensación polas copias ou o uso que se fai dos seus traballos no ámbito privado. O seu importe depende do tipo de equipo ou aparello mercado, segundo se informa no Documento BOE-A-2023-7941.

Seguro móbil de R: como se factura?

Se contrataches o seguro móbil R verás facturadas as súas cotas no apartado “Total servizos de terceiros”.  
Aquí tes toda a información sobre os nosos seguros móbil: https://blog.mundo-r.com/seguro-mobil-de-r/  

¿Esta resposta foi útil para ti?

moitas grazas! Témolo en conta.

Ou podes escribirnos en redes sociais