Particulares

Autónomos e Empresas


Grandes Empresas

Particulares

chámanos

ES
GL
R - LAYOUT - RESI - LOGO
R - LAYOUT - RESI - LOGO
R - LAYOUT - RESI - LOGO SMALL
axudaárea cliente
900 825 868

Que é o desestimento?

A desistencia é un dereito recoñecido por lei que permite a calquera consumidor cancelar un contrato ou devolver unha compra nun prazo de 14 días naturais sen necesidade de xustificar o motivo e que aplica exclusivamente a compras a distancia..

No caso de compras de dispositivos, o prazo comeza desde que recibes o produto; e en servizos contratados (como fibra ou mobilR), os 14 días cóntanse desde a firma do contrato.

A continuación, lembrámosche as condicións que ten que cumprir o dispositivo electrónico (smartphone, tablet, televisor…) para que se acepte a desistencia en R:

✅Se se trata dun produto de uso privado, non lle quites o precinto.

Ten en conta que a normativa establece algunhas excepcións por motivos de hixiene e saúde co fin de garantir que estes produtos poidan volver venderse sen risco. Referímonos a artigos de uso privado como auriculares, cepillos de dentes eléctricos ou afeitadoras.

✅Se se trata dun scooter eléctrico ou patinete

Para poder tramitar a túa devolución con éxito e proceder ao reembolso do teu diñeiro é imprescindible incluír xunto ao produto o Certificado ou Xustificante Oficial de Baixa / Cancelación de Rexistro emitido pola DXT.

  • Por que é imprescindible este certificado?

Ao tratarse de Vehículos de Mobilidade Persoal (VMP), o rexistro na DXT asocia o patinete directamente ao teu nome para a túa seguridade. Para que poidamos recibilo de volta nos nosos almacéns e deixalo listo para o seu próximo destino, a DXT require que non figure ningún rexistro activo.

  • Como xestionar a baixa do patinete no rexistro da DXT?

Debes realizar a xestión desde a sede electrónica da DXT ou dirixirte de forma presencial e con cita previa á Xefatura de Tráfico. Lembra ter a man o número de bastidor ou identificación do patinete e solicitar ou descargarche o xustificante de baixa.

✅ Conserva a embalaxe orixinal

Tes que devolver todo o material que se te entregou, correctamente embalado, en perfecto estado e incluíndo a súa caixa orixinal e todos os accesorios do contido orixinal do paquete de venda (CD's, folletos, instrucións, cables, accesorios, batería, etc.), nas súas bolsas orixinais se viñesen embolsados, cos protectores de lentes e pantallas ben colocados e sen sinais de uso incorrecto ou manipulación.

✅ Lembra eliminar calquera configuración

O dispositivo debe ter desactivada a funcionalidade de localización de dispositivo e non ter configurado ningún bloqueo de PIN/pegada ou recoñecemento facial.

✅ Comproba o número de serie do teléfono ou do Router

O equipo que nos devolvas debe coincidir co que aparece na caixa orixinal e co temos asociado á tarxeta SIM que te enviamos no caso dun pedido dun móbil.

Este dereito aplícase mesmo se o teu contrato inclúe permanencia, xa que durante estes 14 días a permanencia non entra en vigor.

🛠️ Ten en conta que, se un técnico xa realizase a instalación, poderían xerarse custos asociados a ese traballo.

Ou podes escribirnos en redes sociais

o máis buscado
fibra 1Gb, móbil ∞, Total TV, Netflix e Disney+fibra 500Mb, móbil ∞, TV e Netflixmóvete 50 GB: fibra, móbil con 50GB e fixointernet na casa: fibra 500 Mb

© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026

Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legalPolítica de CookiesCalidade de servizoPlataforma de resolución de conflictosCanle de Ética

© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026

Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legal
defaultLayout.trustImageAltdefaultLayout.trustImageAlt