chámanos

ES


GL

Particulares

Autónomos e Empresas


Grandes Empresas

Particulares

R - LAYOUT - RESI - LOGO
R - LAYOUT - RESI - LOGO
R - LAYOUT - RESI - LOGO SMALL
axudaárea cliente
900 825 868

Resolve todas as túas dúbidas de Conecta PYME

Podo contratar con Conecta Pymes o mesmo IP fixo que teño actualmente?

Non, xa que se o IP é para o teu servidor web os diferentes DNS de Internet actualizarán ese IP fixo ao URL, polo que para ti sería transparente.

Na contratación simultánea de Conecta Pymes cun móbil, a activación dos dous servizos é ao mesmo tempo?

Non, son fluxos de provisión paralelos pero independentes.

Ten Conecta Pymes compromiso de permanencia?

Ten. O compromiso de permanencia é de 24 meses. Se queres darte de baixa antes dos 24 meses terás que abonar o menor dos seguintes custos:

  •  Custos de alta, instalación e custo do equipo.
  •  As cotas que fiquen por satisfacer ata o remate do contrato, cun máximo de 550 €.

O servizo de Conecta Pymes é compatible con fax?

É, sempre que o fax sexa analóxico do grupo III. As opcións de conectividade que presenta son:

  • Permite a transmisión de faxes a través de VoIP. A conexión do fax é directamente ao router nos paquetes analóxicos, ou á central (PBX) e esta ao router nos paquetes dixitais. Neste caso o fax ten o mesmo tratamento ca unha chamada de voz, é dicir, a súa transmisión ocupa unha canle. Sempre precisa un número xeográfico fixo (9 díxitos).
  • A segunda alternativa, opcional, é dedicar unha liña analóxica SÓ VOZ, específica para a súa conexión. Esta segunda opción está indicada cando o uso do fax sexa esencial ou intensivo (intensivo: máis de 10 páxinas por fax).
  • O servizo da liña analóxica denomínase liña + chamadas empresa. A liña analóxica debe ser de Telefónica. Se non a tiveres, poderás contratala previamente e despois contratar O meu fixo.

Pódese restrinxir o servizo Conecta Pymes para que só chame a determinados destinos?

Pódese, determinando por cada numero fixo a que destinos se poden restrinxir as chamadas que vaian facerse dentro das seguintes 5 restricións:

  • chamadas a móbiles
  • chamadas internacionais
  • chamadas servizos 803A, 806A, 807A, 907 (cuarta cifra A= 6, 7, 8, 9)
  • chamadas a todos os servizos 803, 806, 807, 905 e 907
  • chamadas a todos os servizos 70A, 80A, 90A (cuarta cifra A=0 a 9)

Para contratar este servizo ponte en contacto co centro de atención ao cliente Conecta Pymes no 900 815 825.

Se teño dúbidas ou incidencias, onde teño que chamar?

Podes pórte en contacto cun dos nosos axentes chamando ao 900 815 825. 

Ou podes escribirnos en redes sociais

o máis buscado

fibra 1Gb, móbil ∞, Total TV, Netflix e Disney+fibra 500Mb, móbil ∞, TV e Netflixmóvete 50 GB: fibra, móbil con 50GB e fixofibra 1 Gb + fixo

© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026

Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legalPolítica de CookiesCalidade de servizoPlataforma de resolución de conflictosCanle de Ética

© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026

Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legal
defaultLayout.trustImageAltdefaultLayout.trustImageAlt