Os prazos de entrega dun pedido realizado en R (un móbil, televisor, tablet, cafeteira…) poden variar en función da zona e da dispoñibilidade do produto, aínda que o habitual é que recibas o teu pedido de R nunhas 48 horas aproximadamente. O repartidor poñerase en contacto contigo para facer a entrega. A continuación, contámosche que facer en cada caso se xurda algunha incidencia tras realizar un pedido a R.
Por seguridade, o repartidor só entregará o paquete ao titular do contrato de R e no enderezo indicada no envío.
Se non podes estar na casa no momento previsto, non te preocupes. O repartidor chamarate para reprogramar unha nova entrega contigo.
Antes de nada, revisa ben o contido da caixa. Ás veces os accesorios (cargador, cable, auriculares…) poden vir escondidos en compartimentos internos. Comproba tamén na nosa web que accesorios inclúe o teu modelo, xa que non todos os móbiles incorporan cargador ou auriculares.
Se despois de revisalo falta algo, contacta por Whatsapp ou por teléfono con R e xestionarémolo contigo.
Se o paquete que che mandamos desde R chega con golpes, está aberto ou ves a caixa interna danada, non o abras. Ponte en contacto connosco canto antes para tramitar un cambio.
É importante que conserves a embalaxe tal e como o recibiches para facilitar a xestión coa empresa de transporte.
Non adoita ocorrer, pero se o dispositivo que che chega non é o modelo solicitado ou non ten as características que esperabas (memoria, cámara, tipo de pantalla etc.), non o utilices.
Contacta co noso Servizo de Atención ao Cliente para que poidamos darche unha solución canto antes.
Cando un pedido contén varios dispositivos, poden saír de almacéns distintos e chegar en envíos separados.
Non te preocupes, o resto do pedido que fixeches a R debería chegar en breve.
o máis buscado
outros servizos
enlaces de interese
axuda e contacto
© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026
Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legalPolítica de CookiesCalidade de servizoPlataforma de resolución de conflictosCanle de Ética© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026
Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legal
