Particulares

Autónomos e Empresas


Grandes Empresas

Particulares

chámanos

ES
GL
R - LAYOUT - RESI - LOGO
R - LAYOUT - RESI - LOGO
R - LAYOUT - RESI - LOGO SMALL
axudaárea cliente
900 825 868

Incidencias coa fibra de R: que facer

O bo funcionamento da túa conexión a Internet é fundamental para R e niso traballan os nosos técnicos.

Aínda así, en determinados momentos poden xurdir incidencias ou variacións puntuais na conexión. Estas situacións poden deberse a diversos factores, como aspectos técnicos, condicións meteorolóxicas ou elementos da contorna que afectan ao rendemento da rede.

Cando isto ocorre, a asistencia adecuada marca a diferenza. Por iso, desde R ofrecémosche unha serie de recomendacións prácticas que che axudarán a entender que pode estar a suceder e a resolvelo da forma máis sinxela posible mediante unhas primeiras comprobacións.

Se despois destes pasos segues notando que a conexión non funciona correctamente, non te preocupes. O servizo técnico de R está dispoñible as 24 horas do día, os 365 días do ano, para axudarche e solucionar a incidencia canto antes.

Primeiras comprobacións se non che vai Internet

O problema aparece só cando usas o wifi ou tamén ocorre se te conectas por cable? Notas que a conexión vai lenta ou directamente non tes acceso a Internet?

Imos ao básico: comproba que todos os cables están ben conectados á corrente e revisa se o fallo afecta só a un dispositivo ou a unha páxina web en concreta.

  • Se o fallo afecta só a un dispositivo.

Se a conexión funciona con normalidade no resto de dispositivos, é moi probable que a orixe do problema estea nese equipo concreto e non na rede.

Nese caso, podes realizar estas comprobacións:

  1. Elimina a rede wifi gardada no dispositivo e volve introducir o usuario e o contrasinal.
  2. Se usas un computador portátil e non detecta ningunha rede wifi, revisa que a conexión inalámbrica estea activada. Algúns modelos inclúen un interruptor físico ou unha combinación de teclas para acender ou apagar o wifi.
  3. Como proba adicional, conecta o dispositivo directamente ao router mediante un cable de rede. Se así funciona correctamente, é posible que a incidencia estea relacionada coa configuración wifi do propio equipo
  • Se o fallo afecta a unha páxina web concreta

Se o resto das páxinas cargan con normalidade e o problema aparece unicamente ao acceder a unha web concreta, é posible que o bloqueo estea relacionado co software de seguridade do dispositivo (como a devasa ou o antivirus).

Para comprobalo de forma sinxela:

  1. Revisa se o antivirus ou a devasa mostran algún aviso indicando que bloquearon a páxina.
  2. Proba a desactivar temporalmente a devasa ou o antivirus e volve intentar acceder (lembra activalo de novo despois).
  3. Comproba se a web se abre desde outro dispositivo ou desde outro navegador conectado á mesma rede. Se noutros equipos funciona, o máis probable é que o bloqueo estea na configuración do dispositivo afectado.

Se despois destas comprobacións a páxina segue sen cargarse, é posible que o problema estea na propia web e non na túa conexión a Internet.

  • O fallo é xeral

Reiniciar o router pode resolver incidencias puntuais de conexión. Para facelo correctamente, sigue estes pasos:

  1. Apaga o router pulsando o botón de aceso ou desconectándoo da corrente.
  2. Espera entre 20 e 30 segundos antes de volver acendelo.
  3. Acéndeo de novo e espera uns minutos ata que as luces queden estables.
  4. Cando estea arrancado de novo, comproba se a conexión volve funcionar con normalidade.

Este proceso non borra ningunha configuración e é totalmente seguro realizalo sempre que sexa necesario.

Que facer se che vai lenta a conexión?

O rendemento do wifi en casa pode verse afectado por distintos factores. A continuación, explicámosche os máis habituais e que podes facer en cada caso para mellorar a conexión.

Presenza de obstáculos

Sempre que sexa posible, coloca o router nun espazo aberto, evitando situalo detrás de mobles ou outras estruturas que poidan bloquear o sinal.

Interferencias

Algúns electrodomésticos e dispositivos electrónicos —como microondas ou certas radios— emiten sinais en frecuencias similares ás do wifi. Isto pode provocar interferencias que reduzan a estabilidade da conexión, xeren perdas de velocidade ou mesmo cortes puntuais, especialmente se o router está moi preto destas fontes.

Notarás unha mellora se recolocas o router nun lugar afastado destes aparellos.

Sinal wifi e distancia respecto ao router de R

Cuanto máis lonxe estea un dispositivo do router, menor será a calidade do sinal e a velocidade dispoñible. En vivendas amplas, un amplificador wifi pode axudarche a aproveitar ao máximo a velocidade de fibra contratada e a manter unha conexión estable en todas as estancias.

👉Consulta aquí o amplificador wifi mesh de R para mellorar a cobertura na túa casa.

Número de dispositivos conectados no domicilio

A velocidade da túa conexión en casa repártese entre todos os dispositivos que estean conectados ao mesmo tempo. Por iso, se varios equipos usan Internet á vez (móbiles, tablets, televisores, computadores…), é posible que notes que a navegación vai máis lenta.

Para entendelo mellor, imaxina que a túa conexión é unha autoestrada:

  • A autoestrada ten un número de carrís: esa é a túa velocidade contratada.ç
  • Os coches representan os dispositivos conectados.
  • Cuantos máis coches circulan á vez, máis tráfico se xera e máis amodo avanza cada un.

Test de velocidade co velocímetro de R

🚀Grazas ao nosotest de velocidade R, dispós dunha ferramenta para comprobar de forma orientadora a velocidade da túa conexión a Internet, tanto de descarga como de subida, así como outros aspectos relacionados coa calidade do acceso.

Para obter un resultado o máis fiable posible, é importante ter en conta algunhas recomendacións antes de realizar a proba.

1. Pecha aplicacións  programas

Asegúrate de que non haxa aplicacións abertas nin programas executándose en segundo plano, xa que poden estar a utilizar Internet e consumir parte da largura de banda, o que alteraría o resultado da proba.

2. Comproba que só estea conectado o teu dispositivo

Verifica que non haxa outros dispositivos ou persoas usando a rede nese momento. Se hai máis equipos conectados, a velocidade repártese e o resultado do test pode non reflectir o rendemento real da túa conexión.

3. Conéctate ao router de R por cable

Sempre que sexa posible, realiza o test de velocidade conectando o teu dispositivo directamente ao router mediante un cable de rede. Deste xeito, evitarás interferencias propias do Wifi e obterás unha medición máis precisa.

4. Revisa as características do teu dispositivo

Confirma que o dispositivo desde o que realizas a proba é compatible coa velocidade contratada. Algúns equipos, cartóns de rede ou configuracións poden limitar a velocidade máxima, aínda que a conexión chegue correctamente ao router.

💡Lembra:

  • A velocidade da túa conexión de fibra óptica non se ve afectada polo número de clientes conectados á rede de R. A infraestrutura está preparada e dimensionada para ofrecer un servizo estable e de calidade a todos os usuarios de forma simultánea.
  • A distancia entre o teu fogar e a central de fibra tampouco afectará á calidade do servizo nin á túa conexión. A diferencia de tecnoloxías máis antigas como o ADSL, nas que a velocidade podía verse reducida canto maior era a distancia, a fibra óptica ofrece un rendemento estable con independencia deste factor.

Ou podes escribirnos en redes sociais

o máis buscado
fibra 1Gb, móbil ∞, Total TV, Netflix e Disney+fibra 500Mb, móbil ∞, TV e Netflixmóvete 50 GB: fibra, móbil con 50GB e fixointernet na casa: fibra 500 Mb

© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026

Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legalPolítica de CookiesCalidade de servizoPlataforma de resolución de conflictosCanle de Ética

© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026

Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legal
defaultLayout.trustImageAltdefaultLayout.trustImageAlt