Particulares

Grandes Empresas

chámanos

Información sobre a factura de R: cal é o período de facturación, como é a factura...

Cal é o período de facturación de R?

O período de facturación de R abrangue as cotas e consumos rexistrados entre os días 22 e 21 do mes seguinte. Por exemplo, a factura que recibes a finais de xaneiro corresponde ao período comprendido entre o 22 de decembro e o 21 de xaneiro. Recibirás o cargo na túa conta bancaria os últimos días de cada mes.
Tanto ten o momento do mes no que te uniras a R, o primeiro mes só se cobrará a parte proporcional da cota segundo a tarifa que elixiras. Por exemplo, se a túa alta foi o día 10 de xaneiro, o importe que se cobrará ao final de xaneiro corresponderá ás cotas e consumos realizados dende o 10 ata o 21 de xaneiro.

Como é a miña factura de R?

Non queremos que teñas dúbidas coa túa factura R, así que cho explicamos todiño. Así o verás no detalle da túa factura, tanto se a recibes en formato papel coma se a consultas en formato electrónico dende a túa Área de cliente R.

Datos da miña factura de R

Período de factura: Información sobre o período facturado.
Importe a pagar: Este importe coincide co cargo que faremos na túa conta bancaria. Trátase da suma dos importes de cotas e consumos de:
Base impoñible IVE(21%)”+“IVE(21%), é dicir, o total da factura, corresponde ao total das cotas facturadas dos servizos de Telecomunicacións contratados con R (Fixo, Internet, Televisión, Móbil).
“Total servizos de terceiros”, corresponde ao total doutros servizos adicionais contratados, coma seguros.
“Total plans de pagamento”, corresponde ao total doutros servizos adicionais contratados, coma financiamento de terminais e equipos con pagamento aprazado.
Datos do cliente: Datos do titular da conta e enderezo de facturación.
Datos bancarios: Información da conta bancaria sobre a que se efectuará o cargo e data de cargo na conta. Só se mostran algúns díxitos por seguridade. Se queres modificala, podes facelo dende a túa área de cliente.

Detalle dos conceptos facturados R

Contén o detalle facturado de cada servizo:
-Cotas de alta e os seus descontos.
-Cotas mensuais e os seus descontos.
-Resumo do consumo por tipo de chamada de cada liña, indicando a cantidade de chamadas e a súa duración.
Nalgúns casos, segundo a tarifa contratada, terás dispoñible na factura o detalle dos consumos que se mostran no resumo do servizo. Detállanse por unha banda os consumos xerais e, por outra, os consumos de tarificación adicional de cada liña. Baixo este detalle de servizos de tarificación adicional indicamos os distintos custos e que o importe facturado nestas chamadas é a suma do importe correspondente á comunicación de voz e o importe que corresponde ao provedor do servizo.
Se fixeches algunha modificación nos servizos no último mes, o produto modificado aparecerá na túa factura dúas veces, cada unha delas coa súa tarifa e custo correspondente, indicando o período durante o cal estivo activo. Por exemplo, neste caso fíxose un cambio de tarifa nunha liña móbil na data 30/06/2024, polo que consta cada tarifa co seu período correspondente:
As tarifas doutros servizos adicionais contratados, coma seguros, financiamento de terminais e equipos con pagamento aprazado, vense despois do resto dos servizos, nos apartados:
“Total servizos de terceiros”, corresponde ao total doutros servizos adicionais contratados, coma seguros.
“Total plans de pagamento”, corresponde ao total doutros servizos adicionais contratados, coma financiamento de terminais e equipos con pagamento aprazado.

E se atopo algún erro na miña factura de R?

Sempre tentaremos que se facture polos servizos prestados, pero se nos comunicas un erro na túa factura revisarémolo e, se corresponde, emitiremos unha factura rectificativa para corrixir o importe mal cobrado.
Esta pode ser negativa, é dicir, descontar un concepto mal facturado, ou positiva, facturar algo que non se fixo por erro. En calquera caso, o importe que se vaia rectificar ingresarase/cobrarase no mesmo período de envío da factura (a partir do día 22 de cada mes), e recibirás unha copia desta factura, tal e como se recibe a factura ordinaria.

¿Esta resposta foi útil para ti?

moitas grazas! Témolo en conta.

Ou podes escribirnos en redes sociais