Cales son os gastos xerados por falta de pagamento en R?
Se o teu banco nos devolveu a factura de R ou non a pagaches cando venceu, volver xestionar o cobramento desa factura implica unha serie de trámites e xestións que teñen un custo adicional.
Cando isto aconteza, verás un cargo na túa próxima factura co texto "cargo por falta de pagamento de factura". Este cargo non se aplicará cando sexa a túa primeira factura ou a túa primeira devolución.
Se esta falta de pagamento supuxo a suspensión dos servizos da(s) túa(s) liña(s) de móbil, fixo ou Internet, a reconexión do(s) mesmo(s) dará lugar, pola súa vez, a outra serie de gastos adicionais, que se verán reflectidos na túa factura como "Cargo por restablecemento do servizo".
Tarifas a partir do 22 de xaneiro de 2023:
Cargo por falta de pagamento de factura
9,90 € por recibo devolto
Cargo por restablecemento do servizo
25 € (IVE incl.) por liña
Que métodos de pagamento teño en R para aboar unha factura pendente de R?
As facturas en R preséntanse para o cobro no banco a partir do día 22 de cada mes. Se tes algunha factura sen pagar podes pagala de calquera destes xeitos:
1.Pagamento con cartón: Podes pagar con cartón de crédito ou débito para reactivares a túa liña o máis axiña posible. Para iso, podes facelo entrando na Área de cliente R a través do noso sistema automático ou chamando ao 1449.
2.Impreso de pagamento: Para iso, enviarémosche unha carta postal, aínda que tamén podes descargalo entrando na túa Área de cliente R. Con este documento poderás facer o aboamento en calquera caixeiro ou oficina de Abanca ou do Banco Santander, simplemente escaneando o código de barras. Se a devandita lectura dá problemas ou erros, podes facer o ingreso igualmente tecleando a numeración que consta no código de barras.
Como pagar dende a área de cliente R unha factura pendente?
Ao entrares na túa Área de cliente R dende a web ou app, verás un aviso sobre facturas sen pagar, se é que tes un recibo pendente de pagamento. Coma no seguinte exemplo:
Cando premas no botón “Ver” redirixiráseche á seguinte pantalla:
Para pagar, só tes que premer no botón “detalles/pagar agora” do aviso que aparece na parte superior. Poderás tanto pagar con cartón de crédito como descargar o documento de pagamento no botón correspondente, como se mostra deseguido: