chámanos

ES


GL

Particulares

Autónomos e Empresas


Grandes Empresas

Particulares

R - LAYOUT - RESI - LOGO
R - LAYOUT - RESI - LOGO

móbiles e máis

R - LAYOUT - RESI - LOGO SMALL
axudaárea cliente
900 825 868

Portabilidade da miña liña fixa a R

A portabilidade é un proceso gratuíto que che permite cambiar de compañía mantendo o teu número fixo actual. Contámosche como xestionamos a portabilidade do teu teléfono fixo a R, para que sigas gozando do teu número como sempre.

Xestión da portabilidade do teu fixo a R

Se realizas a portabilidade do teu fixo ao darte de alta con R, un técnico acudirá ao teu domicilio para instalar o servizo e deixalo todo listo. Unha vez feito isto, iniciaremos a xestión da portabilidade do fixo do teu antigo operador a R e, nun prazo aproximado de 24 a 48 horas laborables, o teu número quedará operativo connosco.

Teño que solicitar a baixa no meu operador actual ao contratar o fixo con R?

Non, non é necesario. Desde R xestionamos a baixa do número fixo coa túa compañía anterior.

Aínda así, recomendámosche poñerte en contacto con eles para comprobar se necesitas devolver algún equipo (terminal fixo en aluguer, router…) ou dar de baixa outros servizos adicionais.

Que é a ventá de cambio ao realizar a portabilidade a R?

É o momento exacto no que o teu número pasa do teu antigo operador a R. Durante ese intervalo, poderías quedar sen servizo como moito un par de horas, aínda que normalmente se realiza de madrugada para que che afecte o menos posible. Despois, poderás empezar a utilizar a túa liña fixa con R con total normalidade.

Como podo cancelar a portabilidade do meu fixo a R?

Para anular a portabilidade da túa liña fixa con R, é imprescindible que nolo comuniques antes das 19:00 do día laborable anterior ao previsto para o cambio. Podes facelo cubrindo este formulario de cancelación de portabilidade a R ou chamando gratis ao 900 815 090.

Ou podes escribirnos en redes sociais

o máis buscado

fibra 1Gb, móbil ∞, Total TV, Netflix e Disney+fibra 500Mb, móbil ∞, TV e Netflixmóvete 50 GB: fibra, móbil con 50GB e fixofibra 1 Gb + fixo

outros servizos

internet rural Galiciatenda de móbiles de Rwifi meshinternet 2ª vivendaseguro móbilfútbol en R

© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026

Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legalPolítica de CookiesCalidade de servizoPlataforma de resolución de conflictosCanle de Ética

© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026

Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legal
defaultLayout.trustImageAltdefaultLayout.trustImageAlt