Particulares

Autónomos e Empresas


Grandes Empresas

Particulares

chámanos

ES


GL

R - LAYOUT - RESI - LOGO
R - LAYOUT - RESI - LOGO
R - LAYOUT - RESI - LOGO SMALL
axudaárea cliente
900 825 868

HBO Max con R: contratación, activación, dispositivos e axuda

HBO Max

é unha plataforma de streaming independente con gran variedade de contido para toda a familia e todas as idades. Os mellores éxitos de cinema, clásicos, series imprescindibles, etc.

Todo iso e máis o podes ver desde o descodificador con Android TV de R ou desde os dispositivos que rexistres.

Deixámosche a continuación as respostas ás dúbidas máis habituais sobre HBO Max en R

Como contrato HBO Max con R?

Contacta con nós

: desde R asesorámoste e encargámonos de darte de alta HBO Max coa túa tarifa de fibra, móbil e TV ou con outro combo que inclúa fibra no teu domicilio.

  En que dispositivos podo ver HBO Max en R?

Con HBO Max podes desfrutar do mellor contido dende o deco de R, na web ou dende a aplicación no teu teléfono ou tablet, Smart TV e ordenador.

Móbiles e tablets compatibles con HBO Max:

  • Móviles e tablets con Android
  • iPhone, iPad e iPod Touch
  • Amazon Fire

Ordenadores e portátiles:

Calquera ordenador coa última versión dos seguintes navegadores:

  • Chrome
  • Safari
  • Firefox
  • Microsoft Edge

 Televisión:

  • Deco de TV de R
  • Amazon Fire TV
  • Android TV
  • Apple TV
  • Hisense VIDAA TV
  • LG Smart TV (en determinados países)
  • Philips Titan TV
  • PlayStation (en determinados países)
  • Samsung TV
  • Vestel TiVo TV
  • Xbox

 

Cantos dispositivos podo usar con HBO Max en R?

Non hai límite no número de dispositivos rexistrados, pero o número de transmisións simultáneas é de dous.

Como podo activar o meu servizo de HBO Max con R?

Una vez que realices a contratación con R, debes comezar o proceso de activación de HBO Max para poder gozar de todos os seus contidos.

Para iso, recibirás un SMS e un correo electrónico cunha ligazón á túa área privada, onde atoparás un botón para activares a túa subscrición. 

HBO MAX GL

A activación cambiará lixeiramente dependendo de se é a túa primeira vez con HBO Max ou se, pola contra, xa pagabas unha subscrición, directamente con eles ou con outro provedor.

Elixe a continuación a opción que precises, sigue os pasos e comeza a gozar.

Activar HBO Max cunha nova conta de correo electrónico.

Despois de premer na ligazón da túa Área Privada  para activares a subscrición, serás dirixido á web de HBO Max. Se actualmente non tes conta de HBO Max, só terás que seguir os pasos que che indiquen e crear a túa nova conta co correo electrónico que queiras.

max1 gallego

Activar HBO Max cando xa teño unha subscrición previa con HBO Max.

Despois de premer na ligazón da túa Área Privada  para activares a subscrición, serás dirixido á web de HBO Max. 

Se vas utilizar unha conta que xa tes e pagas directamente a HBO Max, recibirás por correo un código dun só uso para vinculala a R. Cando estea activada, cancelaremos por ti a outra subscrición.

Lembra que xa non disporás do saldo ou promocións que puideses ter acumulado e que se a túa antiga subscrición tiña pagamento anual é recomendable que esperes á data da renovación para contratar connosco.

max suscripcion gallego

Non recibiches o correo electrónico?

Se non recibes o correo electrónico «Aquí tes o teu código dun só uso», fai o seguinte:

  • Busca en todos os cartafoles da túa caixa de entrada un correo electrónico de HBO Max (incluídos os teus cartafoles de Promocións e Correo non desexado).
  • Elixe o botón Reenviar código dun só uso na pantalla de introdución do código e volve revisar o teu correo electrónico.
  • Revisa o enderezo de correo electrónico que aparece na parte superior da pantalla de introdución do código.

 

Activar HBO Max se xa teño unha subscrición que estou a pagar a outro provedor diferente de HBO Max.

Despois de premer na ligazón da túa Área Privada para activares a subscrición, serás dirixido á web de HBO Max. 

Se vas utilizar unha conta que xa tes e pagas a outro provedor diferente de HBO Max (por exemplo, Google, Apple ou outro operador de telecomunicacións) recibirás por correo un código dun só uso para vinculala a R.

Lembra que non podemos cancelar a antiga subscrición por ti e que debes dala de baixa para evitar un cobramento dobre. Se a túa antiga subscrición tiña pagamento anual é recomendable que esperes á data da renovación para contratar connosco.

 

max proveedor gl

Non recibiches o correo electrónico?

Se non recibes o correo electrónico «Aquí tes o teu código dun só uso», fai o seguinte:

  • Busca en todos os cartafoles da túa caixa de entrada un correo electrónico de HBO Max (incluídos os teus cartafoles de Promocións e Correo non desexado).
  • Elixe o botón Reenviar código dun só uso na pantalla de introdución do código e volve revisar o teu correo electrónico.
  • Revisa o enderezo de correo electrónico que aparece na parte superior da pantalla de introdución do código.

 

Como comprobar se estoy pagando HBO Max con R?   

Para saber se estás a pagar HBO Max con R, accede ao teu usuario dentro da web de HBO Max

  1. Na barra superior encontrarás o teu perfil no apartado de "Subcrición".
    hbo r gal
  2. Verás o plan contratado e que é R quen cho factura. 
    hbo r 2 gal

Como contactar con HBO Max?    

Se o necesitas, podes contactar con HBO Max  a través de este número de teléfono 900 997 460

Nesta ligazón atoparás o Centro de Axuda de HBO Max.

Esquecín o meu correo electrónico ou contrasinal de HBO Max e son de R

Se non lembras o contrasinal da túa conta de HBO Max, pódela restablecer de forma moi sinxela.  Para iso, nesta ligazón (lembra  que debes ter acceso á conta de correo electrónico coa que te deches de alta). 

Ou podes escribirnos en redes sociais

o máis buscado

fibra 1Gb, móbil ∞, Total TV, Netflix e Disney+fibra 500Mb, móbil ∞, TV e Netflixmóvete 50 GB: fibra, móbil con 50GB e fixofibra 1 Gb + fixo

© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026

Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legalPolítica de CookiesCalidade de servizoPlataforma de resolución de conflictosCanle de Ética

© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026

Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legal
defaultLayout.trustImageAltdefaultLayout.trustImageAlt