A continuación, encontrarás as respostas ás dúbidas máis habituais sobre este servicio. Así poderás resolver as túas preguntas de maneira sinxela e aproveitar todas as ventaxes de Netflix con R.
Netflix é unha plataforma de streaming cun amplo catálogo de contidos accesibles en dispositivos conectados a Internet. A súa oferta inclúe desde as últimas novidades a títulos de sempre, con renovacións continuas de series, películas e documentais.
Tamén tes a posibilidade de descargar as túas producións e reproducilas sen conexión en calquera momento.
Tan doado como contactar connosco en R. Axudarémoste a elixir o plan que necesitas para ter Netflix coa túa tarifa Infinity ou con outra tarifa que inclúa a fibra no teu domicilio.
Podes elixir entre 3 plans:
Netflix Estándar con anuncios:
de contido en dous dispositivos compatibles á vez
Netflix Estándar:
.
Netflix Premium:
de contido en seis dispositivos compatibles á vez.
Desfruta de Netflix no teu descodificador 4K Android de R ou en calquera outro dispositivo con conexión a internet, iPad, computador, móbil, etc. E se necesitas axuda para configurar os teus dispositivos ou ver os navegadores compatibles dispós do Centro de Axuda de Netflix
Para ver Netflix debes activar primeiro a túa subscrición.
Desde R enviarémosche un SMS e un correo electrónico cunha ligazón para activar a túa subscrición. Tan só debes entrar nese link, seguir os pasos que aparezan en pantalla e crear o teu usuario e contrasinal.


👉Netflix tamén che enviará un correo propio coa opción de activar a conta. Se prefires facelo desde esa mensaxe, podes seguir ese proceso sen problema: a túa subscrición quedará igualmente vinculada a R.
💡En ambos os dous casos, lembra no proceso de activación da subscrición elixir o plan que contratases coa oferta de R e non o predeterminado que saia por defecto para evitar cargos inesperados na túa factura.
Si, cando vaias activar o teu servizo de Netflix con R, asegúrate de introducir o mesmo correo electrónico para gardar o teu historial, recomendacións e series favoritas onde as deixaras.
É moi sinxelo, modifica o teu plan desde a túa Área de Cliente.

Si. O “Subscritor Adicional” de Netflix é unha opción pensada para clientes que desexan compartir a súa conta con persoas que non viven no mesmo domicilio e, polo tanto, non forman parte do “Hogar Netflix” xa que os seus dispositivos non se conectan á mesma rede da internet.
Ten en conta que a contratación do Subscritor Adicional de Netflix non se realiza a través de R nin aparece na nosa factura. Se queres engadir un Subscritor Adicional, debes xestionalo directamente desde a túa conta de Netflix, entrando no apartado “A miña Conta” e pagalo directamente a Netflix.
Nesta ligazón tes toda a información.
O “Hogar Netflix” é o lugar habitual desde o que adoitas ver Netflix e inclúe todos os dispositivos conectados á mesma rede da internet. Normalmente configúrase desde un televisor, e despois, calquera dispositivo que acceda á conta de Netflix utilizando a mesma conexión a internet que o televisor xa quedará asociado automaticamente a ese fogar.
Se necesitas revisar ou modificar cal é o teu fogar Netflix, só tes que iniciar sesión en Netflix desde un televisor conectado á túa rede wifi e seguir as seguintes indicacións.
Para comprobar se se te está a cobrar Netflix a través de R, visita a sección Subscrición e facturación na páxina de Conta de Netflix (picando na icona do teu perfil arriba á dereita)
Dentro de Conta aparecerá o campo Subscrición e Facturación onde te mostrará se se está facturando a través de R.

Esqueciches o contrasinal ou correo electrónico? Non te preocupes. En ambos os casos podes recuperar o acceso desde a Área de Cliente de R.


Se o que necesitas é cambiar o mail asociado, contacta con Netflix no número que che indican: 900 759 004.
o máis buscado
outros servizos
enlaces de interese
axuda e contacto
© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026
Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legalPolítica de CookiesCalidade de servizoPlataforma de resolución de conflictosCanle de Ética© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026
Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legal
