Particulares

Autónomos e Empresas


Grandes Empresas

Particulares

chámanos

ES
GL
R - LAYOUT - RESI - LOGO
R - LAYOUT - RESI - LOGO
R - LAYOUT - RESI - LOGO SMALL
axudaárea cliente
900 825 868

Así funciona o teu internet con R: cobertura wifi, descarga e subida, firewall e outros conceptos relacionados coa túa conexión

En R queremos que utilices os nosos servizos dunha forma fácil e eficaz.

Aínda así, nalgúns momentos poden aparecer conceptos ou termos cos que non esteas familiarizado e que necesites entender mellor.

Por iso, en R preparamos esta pequena guía: para que, cando o necesites, cunha soa lectura saibas exactamente de que che estamos a falar.

Parámetros wifi

Os parámetros wifi son os axustes básicos que permiten que a túa rede sen fíos funcione correctamente e de forma segura. Entre os máis habituais atópanse:

  • Nome da rede (SSID): É o nome que ves cando buscas redes wifi preto de ti. Na etiqueta da túa router, por exemplo, debería aparecer o nome da túa rede xunto ao SSID.
  • Contrasinal: Protexe o acceso á túa rede para que só se poidan conectar as persoas autorizadas.
  • Tipo de seguridade: Indica o nivel de protección da rede (por exemplo, WPA2 ou WPA3).
  • Canle: Axuda a evitar interferencias con outras redes próximas.

Estes parámetros adoitan vir configurados por defecto, pero coñecelos permitirache identificar a túa rede, mellorar o seu rendemento ou resolver incidencias se fose necesario.

Portos

En Internet, portos son coma portas virtuais que permiten que as aplicacións e servizos se comuniquen a través da túa conexión.

Cada servicio utiliza un porto específico para funcionar correctamente. Por exemplo:

  • Navegar por páxinas web usa o porto 80 o 443.
  • O correo electrónico, outros portos distintos.
  • Xogos online ou aplicacións, os seus propios portos.

O router xestiona estes portos para que a información chegue ao dispositivo e ao servizo correcto. Nalgúns casos, pode ser necesario abrir ou configurar portos para que unha aplicación funcione correctamente.

No uso diario da internet, normalmente non necesitas preocuparte polos portos, xa que adoitan configurarse de forma automática. De todos os xeitos, se nun momento dado necesitas abrir un en concreto, contacta con R.

Cobertura wifi

Consiste no alcance do sinal wifi do router dentro da vivenda.  É importante aclarar que a cobertura depende de:

  • Tamaño da casa
  • Paredes, plantas, electrodomésticos

👉 Aínda que haxa boa velocidade contratada, a cobertura pode ser limitada. Para solucionalo, tes a opción de instalar un repetidor (consulta o seguinte apartado)

Repetidor wifi

Un repetidor ou amplificador wifi é un dispositivo que serve para ampliar o sinal do router a zonas onde o wifi chega con dificultade. Por exemplo, en vivendas grandes, con varias plantas ou paredes grosas.

Dito de forma simple:

 👉 Recolle o sinal do router e vólveo a enviar máis lonxe.

En R, podes ampliar e mellorar a cobertura en toda a túa casa grazas ao wifi mesh.

Velocidade de internet

É a cantidade de datos que se poden enviar ou recibir.
Dunha boa velocidade dependen:

  • Streaming sen cortes
  • Videochamadas
  • Xogos online

Descarga e subida

  • Descarga ou Download: ver vídeos, navegar, baixar arquivos.
  • Subida ou Upload: enviar fotos, videochamadas, traballar na nube.

Firewall


Un firewall ou devasa é un sistema de seguridade que protexe unha rede ou un dispositivo controlando o tráfico de datos que entra e sae da internet. A súa función é permitir as conexións seguras e bloquear accesos non autorizados ou potencialmente perigosos.

Na maioría dos casos, o firewall vén activado por defecto nos routers de R e nos sistemas operativos, ofrecendo unha protección básica desde o primeiro momento.

Antivirus

Un antivirus é un programa de seguridade que detecta, bloquea e elimina virus e outras ameazas informáticas para protexer o dispositivo e a información.

A diferenza do firewall, o antivirus non adoita vir incluído por defecto e normalmente é un servizo que hai que contratar para manter o dispositivo protexido e actualizado fronte a novas ameazas. Lembra que en R ofrecémolo no noso mantemento.

Diferenzas entre firewall e antivirus

O firewall e o antivirus cumpren funcións distintas e complementarias.

  • O firewall controla e filtra as conexións que entran e saen da internet.
  • O antivirus protexe o dispositivo fronte a virus e outros programas maliciosos que poden chegar por descargas, correos electrónicos ou arquivos.

Contrasinais

 Contrasinal do router

  • É o contrasinal para entrar á configuración do router.
  • Úsase dende o navegador (por exemplo: 192.168.1.1).
  • Permite cambiar o nome da wifi, a clave, abrir portos, etc. 👉 É só para administrar o router, non para conectarte á wifi.

Clave de acceso (wifi)

  • É o contrasinal que che permite conectarte á rede wifi.
  • Úsano os móbiles, portátiles, smart TV, etc.
  • Adoita vir nunha etiquetada do router. 👉 É a máis usada no día a día.

Clave do router

  • Normalmente úsase como sinónimo da clave wifi.
  • Non adoita referirse ao contrasinal de configuración, aínda que xera confusión. 👉 Na práctica, “clave do router” = contrasinal da wifi.

Reseteo

Restablecer un router é devolvelo ao seu estado inicial, como cando saíu de fábrica. É como pulsar o botón de “empezar de cero”. Esta acción é de utilidade cando:

  • Existe algún problema de conexión.
  • Esqueciches o contrasinal do wifi ou de acceso ao router.
  • O servizo técnico requíreo para realizar probas.

👉Lembra que cando se restablece o router se eliminan os axustes personalizados como contrasinais e portos abertos. Se tes un repetidor, debes volver enlazalo co router utilizando o contrasinal de acceso ao wifi.

🔴 Non é o mesmo reiniciar que resetear:

  •  Reiniciar: simplemente é apagar e acender o router.
    •  → Non borra nada, só refresca a conexión.
  •  Resetear: debes manter pulsado o botón “RESET” varios segundos.
    •  → Borra a configuración e déixao coma novo.

Cable ethernet

Conexión directa do router ao dispositivo mediante un cable.

  • Máis estable que a wifi
  • Ideal para consolas, ordenadores ou TV

👉 Ás veces, soluciona problemas sen cambiar nada máis.

Ou podes escribirnos en redes sociais

o máis buscado
fibra 1Gb, móbil ∞, Total TV, Netflix e Disney+fibra 500Mb, móbil ∞, TV e Netflixmóvete 50 GB: fibra, móbil con 50GB e fixoestudantes: fibra 1 Gb permanencia 3 meses

© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026

Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legalPolítica de CookiesCalidade de servizoPlataforma de resolución de conflictosCanle de Ética

© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026

Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legal
defaultLayout.trustImageAltdefaultLayout.trustImageAlt