Todas as tarifas de móbil R Empresa inclúen 5G e chamadas ilimitadas
Duplicamos as antenas e engadimos todas as vantaxes do 5G para que goces da mellor cobertura móbil do mercado
Máxima velocidade
A tecnoloxía 5G aumenta a velocidade ata 10 veces máis rápido ca o 4G, isto permite ter miles de dispositivos conectados e aumenta a seguridade na túa rede móbil empresarial. Todo iso abrirache infinitas posibilidades para aumentar os teus beneficios e mellorar os procesos produtivos da túa empresa.
Mellor cobertura
Duplicamos o número de antenas móbiles, para que goces dun potente servizo móbil innovador e reforzado que che garantirá unha excelente conexión en calquera lugar. Ademais, ofréceche unha maior capacidade de concorrencia de dispositivos conectados simultaneamente.
Mínima latencia
Co 5G minimízase o tempo que se tarda en transmitir a información a través da rede ata 20 veces máis que co 3G. Isto permite reducir a latencia das conexións para que todo sexa practicamente instantáneo, por exemplo, ao compartir vídeos ou imaxes de alta definición, controlar procesos de manufactura, ofrecer servizos de forma remota, etc.
Moita máis batería
Outra das vantaxes do 5G é que a batería do teu dispositivo terá moita máis duración. Conectado a unha rede 5G consómese a metade de enerxía ca nunha rede con cobertura 4G.