chámanos

ES

GL

Particulares

Autónomos e Empresas


Grandes Empresas

Particulares

Servicio R Infinity HomeBox

Descubre la nueva experiencia de ver la TV en R

servizo R Infinity Homebox

goza da televisión coma no cine co novo servizo Infinity HomeBox de R. Accede a todo o entretemento con imaxe e son de alta calidade grazas ao descodificador premium con sistema de audio Bang & Olufsen e Dolby Atmos.
inclúe unha nova interface máis moderna e sinxela para acceder a todos os contidos. Engádeo ao teu pack por só 5€/mes ou consígueo incluído con determinados paquetes.
Image
Vector

son puro integrado

audio by Bang & Olufsen con son inmersivo Dolby Atmos.

Logos (3)
Vector (1)

calidade de imaxe superior

descodificador Premium coa máxima calidade e nitidez para ver os teus contidos favoritos.


Logos
Vector (2)

universo de entretemento

instala as túas apps favoritas dende Google Play e accede a videoxogos, música e moito máis.
Logos (1)
Vector (3)

conecta os teus dispositivos

por Bluetooth para utilizalo como barra de son ou para xogar en streaming coa mellor calidade.
Logos (2)

altofalantes inmersivos

e para unha experiencia inmersiva, engade uns altofalantes traseiros envolventes compatibles exclusivamente con R Infinity Box por 3€ ao mes adicionais durante 48 meses co teu pack de Fibra, Móbil e TV.


Image

características do Servizo Homebox R

control por voz

é compatible cos principais asistentes de voz do mercado.

wi-Fi 6

conecta o teu descodificador en calquera lugar do teu fogar.

sustentable

baixo consumo de enerxía en standby e feito con materiais de plástico reciclado.

preguntas sobre Infinity HomeBox de R

co Servizo R Infinity HomeBox gozarás dunha experiencia de entretemento premium na casa, accedendo a todos os contidos de televisión cunha calidade de imaxe e son superior, cunha conectividade mellorada e coa nova interface de televisión.

Todo o entretemento coa mellor calidade de imaxe e son grazas ao novo descodificador premium Infinity HomeBox que inclúe o servizo. Características principais:

  • Todo o contido coa nova interface de televisión. Poderás gozar dos contidos do teu plan de TV de xeito máis doado e cun deseño mellorado.
  • Calidade de imaxe superior: Descodificador premium coa máxima calidade e nitidez para contidos en 4K, compatible con HDR10+ e Dolby Vision.
  • Son inmersivo: Con altofalantes integrados con Audio by Bang & Olufsen e son envolvente Dolby Atmos.
  • Control por voz a través do asistente de Google e compatible con Alexa. Podes usar a túa voz para controlar a televisión, procurar contidos e acceder a outras funcións do dispositivo. 
  • Conectividade: Utiliza Wi-Fi 6, que permite a conexión sen fíos a Internet. Tamén dispón de conexión por Bluetooth e USB.
  • Centro de Entretemento. Pódese usar como barra de son e ademais está optimizado para xogar en streaming conectando mandos de xogo Bluetooth ou USB e facer videochamadas utilizando webcams. O Infinity HomeBox funciona como unha barra de son, xa que permite emparellar con Bluetooth dispositivos externos para reproducir música. 
  • Android TV. Permite acceder a miles de aplicacións e ás túas plataformas preferidas, como Netflix, Disney+, Prime Video, HBO Max, DAZN, etc.
  • Adquire os altofalantes sen fíos con son by Bang & Olufsen para gozar dun son 360º e mergullarte aínda máis nos teus contidos favoritos.

o prezo do servizo R Infinity HomeBox é de 5 € ao mes (IVE incl.). Caso de contratar un paquete Infinity XL con Fibra, móbil xigas ilimitados e Total TV gozarás do servizo R Infinity HomeBox cun desconto do 100 % na cota mensual. A permanencia adquirida ao contratar este servizo é de 12 meses.

R entrega o equipo a título de cesión. Poderás gozar del mentres teñas contratado o Servizo R Infinity HomeBox. Se dás de baixa o servizo, terás que devolvelo nun prazo máximo de 15 días a través da túa tenda máis próxima ou chamando gratis ao 1449, onde che indicarán procesos de devolución alternativos.

Podes adquirir os altofalantes sen fíos cun pagamento a prazos de 3 € ao mes durante 48 meses (IVE incl.). Son de uso exclusivo co descodificador Infinity HomeBox. Neste caso o equipo é propiedade do cliente.

está dispoñible para todos os clientes que teñan ou contraten un paquete que inclúa fibra e televisión. Se xa dispós dun descodificador co teu servizo de televisión de R terás que devolvelo na túa tenda máis próxima.

podes contratar por cada pack con fibra e TV que teñas contratado un servizo R Infinity HomeBox.

Podes contratalo chamando gratis ao 900 825 868 ou na túa tenda R máis próxima. E se non es cliente de R, solicítao nunha tenda R ou chamando ao 1449.

terás todos os contidos en directo e á carta do teu plan de televisión contratado accedendo á nova interface de televisión que che ofrece o novo descodificador premium. Nesta nova interface non estarán dispoñibles os contidos para adultos de pagamento por visión.

se o contratas xunto coa alta dos servizos de Fibra en R, cando se vaia instalar a fibra o instalador deixarao instalado e configurado. De contratarse após a instalación da fibra, poderás instalalo do xeito máis doado coas instrucións que se indican no manual. Se tes calquera dúbida podes chamar gratis ao 1449 para que che axuden coa configuración. Máis información aquí.

queres contratar?

asesorámoste gratis

de luns a venres de 9 a 21h e sábados de 9 a 14h.

chámanos al

900 825 868

chamámoste

c2c.popup.callTitle2

En R imos tratar os teus datos para informarche dos nosos servizos, en relación con esta solicitude ou no futuro, ata que nos retires o teu consentimento. Podes exercitar os teus dereitos con docu@mundo-r.net.
Máis info
aquí.
se xa es cliente,
chámanos ao
1449
operator

queres contratar?

asesorámoste GRATIS