chámanos

ES

GL


Autónomos e Empresas


Particulares

Como podo activar o meu servizo de MAX?

Logo de contratar connosco debes comezar o proceso de activación de MAX para poderes gozar de todos os seus contidos.
Para iso, recibirás un SMS e un correo electrónico cunha ligazón á túa área privada, onde atoparás un botón para activares a túa subscrición. 
A activación cambiará lixeiramente dependendo de se é a túa primeira vez con Max ou se, pola contra, xa pagabas unha subscrición, directamente con eles ou con outro provedor.
Elixe a continuación a opción que precises, sigue os pasos e comeza a gozar.

Activar Max cunha nova conta de correo electrónico.

Despois de premer na ligazón da túa Área Privada  para activares a subscrición, serás dirixido á web de MAX. Se actualmente non tes conta de Max, só terás que seguir os pasos que che indiquen e crear a túa nova conta co correo electrónico que queiras.
max1 gallego

Activar Max cando xa teño unha subscrición previa con Max.

Despois de premer na ligazón da túa Área Privada  para activares a subscrición, serás dirixido á web de MAX. 
Se vas utilizar unha conta que xa tes e pagas directamente a Max, recibirás por correo un código dun só uso para vinculala a R. Cando estea activada, cancelaremos por ti a outra subscrición.
Lembra que xa non disporás do saldo ou promocións que puideses ter acumulado e que se a túa antiga subscrición tiña pagamento anual é recomendable que esperes á data da renovación para contratar connosco.
max suscripcion gallego
Non recibiches o correo electrónico?
Se non recibes o correo electrónico «Aquí tes o teu código dun só uso», fai o seguinte:
  • Busca en todos os cartafoles da túa caixa de entrada un correo electrónico de MAX (incluídos os teus cartafoles de Promocións e Correo non desexado).
  • Elixe o botón Reenviar código dun só uso na pantalla de introdución do código e volve revisar o teu correo electrónico.
  • Revisa o enderezo de correo electrónico que aparece na parte superior da pantalla de introdución do código.
 

Activar Max se xa teño unha subscrición que estou a pagar a outro provedor diferente de Max.

Despois de premer na ligazón da túa Área Privada para activares a subscrición, serás dirixido á web de MAX. 
Se vas utilizar unha conta que xa tes e pagas a outro provedor diferente de Max (por exemplo, Google, Apple ou outro operador de telecomunicacións) recibirás por correo un código dun só uso para vinculala a R.
Lembra que non podemos cancelar a antiga subscrición por ti e que debes dala de baixa para evitar un cobramento dobre. Se a túa antiga subscrición tiña pagamento anual é recomendable que esperes á data da renovación para contratar connosco.
 
max proveedor gl
Non recibiches o correo electrónico?
Se non recibes o correo electrónico «Aquí tes o teu código dun só uso», fai o seguinte:
Busca en todos os cartafoles da túa caixa de entrada un correo electrónico de MAX (incluídos os teus cartafoles de Promocións e Correo non desexado).
Elixe o botón Reenviar código dun só uso na pantalla de introdución do código e volve revisar o teu correo electrónico.
Revisa o enderezo de correo electrónico que aparece na parte superior da pantalla de introdución do código.

Ou podes escribirnos en redes sociais