chámanos
Benvido á axuda do servizo clientes R! O teu acceso exclusivo á área privada de clientes de R. Entre outras moitas cousas, aquí poderás:
✅ Xestionar os teus produtos de R: Controla todo o que tes contratado de forma moi sinxela.
🔎 Descubrir novas ofertas: Atopa promocións e servizos de R que se adaptan a ti.
📶 Analizar o teu consumo de datos: Consulta los datos que levas consumidos nas túas liñas móbiles de R e contrata máis xigas en calquera momento.
🛜Ver quen está conectado á túa wifi: Asegúrate de que só os dispositivos autorizados estean conectados.
Tes dúas formas de acceder á parte de clientes de R:
🔑 Acceso á área privada de R a través da web:
Na esquina superior dereita da web de R encontrarás esta icona, que che dá acceso á área de clientes:

📲 Acceso á área privada de R a través da app:
Se tes un iPhone ou un móbil con Android, podes entrar directamente a través da aplicación “R servizos cliente”:
Es cliente de R e aínda non tes conta? Non te preocupes! Creala é moi doado, só tes que facer clic en “É o teu primeiro acceso? Empeza aquí”.
Terás que informar o teu DNI e o número de móbil que nos deches ao contratar. Enviarémosche unhas mensaxes para verificar a túa identidade e listo!
Lembra!, o teu usuario de acceso será o correo electrónico que nos proporciones durante o rexistro.

Se xa dispós de usuario e contrasinal e non lembras algún dos datos, non te preocupes, só tes que facer clic en “Non podes entrar?” e enviarémosche a información para que poidas acceder sen problemas.

Tanto se accedes dende a web como dende a app, na vista de inicio atoparás un resumo dos teus servizos de R, acceso ás túas facturas e un menú coas opcións dispoñibles para que atopes exactamente o que buscas.
🛠️ Acceso á configuración dos teus produtos de R.
🧾 Consulta ou descarga as últimas facturas R.
⭐ Ofertas e novos servizos dispoñibles para ti.
🛒 Acceso á tenda de dispositivos de R.