chámanos

ES

GL

Particulares

Autónomos e Empresas


Grandes Empresas

Particulares

Información sobre a cobertura móbil de R

En R queremos que esteas sempre conectado. Ofrecémosche un servizo de telefonía móbil con ampla cobertura e acordos con outros operadores, para que poidas viaxar polo mundo sen preocuparte pola conexión.

Queres saber se tes cobertura 5G, 4G, 3G ou 2G nun sitio concreto?

Só tes que entrar no mapa de cobertura móbil de R da nosa web e escribir o nome da cidade, municipio ou lugar que che interesa. Así de simple!

 

Queres gozar de cobertura 5G no teu móbil de R?

Todas as tarifas móbiles de R dispoñen de 5G así que só necesitas:

  1. Ter un móbil compatible coa rede 5G.  Podes consultalo aquí
  2. Configurar o teu móbil para que se conecte a 5G.
  3. Estar nunha zona con cobertura 5G. Accede ao mapa de cobertura móbil

E listo… A navegar a toda velocidade! 🚀

 

Xa tes un móbil en R compatible con 5G? Configúrao nun momento!

Se o teu smartphone é compatible, só tes que activar a opción nos axustes e, en canto haxa cobertura 5G, conectarase automaticamente. Así de fácil!

👉 Entra na configuración do teu móbil e selecciona o modo de rede que inclúa 5G (pode aparecer como “5G/4G/3G/2G” ou similar). Este é un exemplo:

red 5g r.png gl

Sempre a lume de biqueira de velocidade (ou case sempre 😉) no teu móbilR

En R queremos que goces da máxima velocidade de conexión posible. Pero hai algúns factores que poden influír nela. Aquí contámosche os máis importantes:

📶 Cobertura e interferencias: Canta mellor cobertura teñas, maior será a velocidade. Aínda así, poden aparecer interferencias (por exemplo, por outras antenas próximas) que afecten o rendemento.

👥 Moitas persoas conectadas á vez: En eventos con moita xente (concertos, partidos, festivais…), a antena reparte a súa capacidade entre todos os usuarios. Iso pode facer que a velocidade baixe un pouco.

📊 Datos incluídos na túa tarifa: Algunhas tarifas teñen un límite mensual de datos. Se o superas, a velocidade redúcese en función da túa tarifa. Podes consultar os detalles na nosa web.

🌐 Conxestión na internet ou nos servidores: Ás veces, o tráfico na rede ou nos servidores de destino pode estar saturado, e iso tamén pode afectar á velocidade.

Ou podes escribirnos en redes sociais