Particulares

Grandes Empresas

chámanos

Compromiso R: todo o que tienes que saber ao darte de alta en R

Falar con R

Temos un teléfono específico para xa clientes, de atención e soporte técnico, e outro para non clientes, para informarlles sobre as nosas tarifas. 
Se necesitas falar connosco, toma nota do teléfono de contacto de R

Prazo de instalación en fibra

No momento do alta ou uns días despois, comunicarémosche a data de instalación ou ben che enviaremos un SMS para que ti fixes a cita co técnico. Sempre tentamos instalar en menos de 7 días naturais se es un cliente particular. Se por calquera razón allea a R non se puidesen cumprir estes prazos, explicarémosche a situación e darémosche unha data de instalación alternativa.

Prazo de activación ao contratar móbil con R

O prazo depende do tipo de liña móbil que contrates, se é unha alta nova ou se traes o teu número desde outro operador: 
a) se non solicitaches portabilidade: nun prazo de 2 días laborables recibirás na túa casa un paquete co teléfono móbil e a tarxeta SIM (ou ben só a tarxeta SIM). Lembra que o mensaxeiro só entrega o móbil/SIM ao titular da liña, acreditado co seu DNI.
b) se portas o número do teu antigo operador:
•    nun prazo aproximado de 2 días laborables despois de que recibísemos a túa solicitude de portabilidade ou ben a verificación telefónica, recibirás na túa casa un paquete coa tarxeta SIM.
•    unha vez confirmado que recibiches o pedido coa SIM, solicitaremos a túa portabilidade e na madrugada do segundo día laborable, o teu número xa será de R.
 

¿Esta resposta foi útil para ti?

moitas grazas! Témolo en conta.

Ou podes escribirnos en redes sociais