chámanos

ES
GL
R - LAYOUT - RESI - LOGO
R - LAYOUT - RESI - LOGO
R - LAYOUT - RESI - LOGO SMALL
900 825 868

Configurar os meus servizos de R: consultar os meus datos, controlar o meu wifi, as miñas liñas…

En R podes xestionar e controlar de forma directa e sinxela diferentes servizos. Detallámosche todo lo que podes facer a través daapp e da web de clientes privada de R.

Como consultar e xestionar os meus datos en R

Dende o teu perfil de R e premendo en “Configura a túa área” ou a túa conta, accederás ao menú que che permite modificar os teus datos:

👤     Consultar e/ou modificar o ou os teléfonos e ocorreo electrónico de contacto en R.

💳     Consultar e/ou modificar a conta bancaria onde che cobramos a factura de R.

📜     Xestionar a política de privacidade.

🔐     Cambiar o contrasinal de acceso á web de clientes.

Como podo controlar o meu wifi de R

Accede á túa conexión a internet de R dende a fiestra de servizos para consultar e configurar o teu acceso á rede. Poderás:

🛜     Acender  / apagar  a rede wifi.

🔐     Consultar e/ou modificar a clave do teu wifi R.

🖧       Consultar os dispositivos conectados á túa rede.

✏️        Cambiar o nome da rede.

ℹ️     Acceder a máis información sobre a túa rede de R (consultar o enderezo IP, a dirección MAC do router, o modelo e o tempo que leva conectado)

Xestionar as miñas liñas móbiles na área de cliente de R

Tes varias liñas móbiles en R e queres telo todo baixo control? Fácil!
Na túa área de cliente de R encontrarás toda a información organizada de cada liña accedendo á configuración de cada liña.

Estas son as configuracións e consultas que se poden realizar en R:

🌍     Activar  / desactivar  roaming.

📩     Bloquear  / desbloquear  a recepción de SMS.

📶        Activar  / desactivar  datos móbiles.

🔐        Consultar o código PUK

🎟️        Consulta os bonos contratados en cada liña

📞        Activar  / desactivar  a emisión de chamadas internacionais

Xestionar a televisión e plataformas de contido a través de R

Xestiona todo o contido de televisión que tes contratado en R dende o teu móbil. Dende a pantalla principal, onde encontrarás todos os teus servicios de R, poderás acceder e configurar cada plataforma que teñas contratada co teu paquete de televisión accedendo á súa configuración. Dende aquí accederás a:

🛜     Sección de axuda onde podes consultar as preguntas frecuentes da plataforma en cuestión.

🔐     Consultar os termos de uso desa mesma plataforma.

🖧       Cancelar a subscrición.

Ou podes escribirnos en redes sociais


información legalpolítica de privacidadepolítica de cookies
defaultLayout.trustImageAltdefaultLayout.trustImageAlt